Financiamento

Finalidade: Apoiar proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme (antigüidade inferior a 42 meses no momento da solicitude de axuda)

[Ver Ficha na base de axudas]

Finalidade: Apoiar proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme (antigüidade inferior a 42 meses no momento da solicitude de axuda)

Ficha: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP317

Princiais instrumentos financeiros do mercado, metodoloxía, diagnóstico, negociación bancaria e atración de investidores.

O fondo constituído polo Igape, Xesgalicia e Gain quere contribuír ao fomento do espírito emprendedor e apoio financeiro a iniciativas emprendedoras.

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

A necesidade de que as administracións públicas implanten medidas concretas para fomentar o emprendemento e apoiar o emprendedor como axente dinamizador da economía en Galicia, vén dada polo alto grao de representatividade das microempresas e pequenas empresas, determinantes do crecemento económico e soporte para a creación de emprego.

O actual contexto de escaseza de recursos require unha xestión máis eficaz e eficiente dos apoios públicos, creando contornos favorables que promovan e consoliden a actividade emprendedora. Un dos retos máis salientables do Goberno galego é o crecemento empresarial, para o cal se debe facilitar un contorno laboral máis estable, que permita o desenvolvemento dunha economía máis equilibrada. O apoio aos emprendedores é fundamental para que poidan actuar como catalizadores do repuntamento da nosa economía.

O Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea do 18 de novembro de 2015 (Decisión C(2015) 8144 final do 18.11.2015), prevé como prioridade 6.A facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego, establecendo na súa medida 06 –desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais– a necesidade de promover axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais (submedida 6.2.).

[Ver Ficha na base de axudas]

Axudas