O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destaca que o obxectivo é favorecer a actividade empresarial apoiando a posta en marcha de proxectos innovadores impulsados por empresarios ou autónomos con actitude emprendedora. Dentro dos planes Impulsa, o programa garante axudas mínimas do 25% para os proxectos de Lugo, Ourense, Ferrolterra e Costa da Morte, dez puntos máis que no resto.

A través do Igape, BIC Galicia e Xesgalicia, a Consellería de Economía e Industria activou novos programas para facilitar a creación e a consolidación de novos proxectos empresariais. Mediante re-Imaxina e re-Emprende, apoiou a máis de 900 iniciativas. Cos fondos de capital risco de XesGalicia, a Consellería pon ao dispor dos emprendedores mais de 23 millóns de euros. Nos dez primeiros meses do ano creáronse en Galicia 3.430 novas sociedades mercantís e 1.549 empresas ampliaron capital. Nos cursos, seminarios e xornadas de formación e asesoramento participaron máis de 6.000 persoas este ano.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou no acto de presentación do informe GEM o incremento nun 6% dos emprendedores que pensan crear unha empresa a curto prazo. O estudo, no que colaboran a Xunta, a Universidade de Santiago e a CEG, sinala que aumentaron nun 44% as iniciativas empresariais consolidadas. O Igape aprobou nesta lexislatura, a través dos programas re-Imaxina e re-Emprende, apoios a máis de 900 proxectos de emprendedores, microempresas o pemes que están a crecer.

O IGAPE pon á túa disposición o apoio integral necesario para que a túa idea empresarial poida ser levada a cabo, facendo que as iniciativas viables sexan posibles.

Para esto pon en marcha a Unidade Galicia Emprende

Enlace á paxina de facebook

ugeb310

Plan de empresa

Plan de empresa

  • eoi1.png
  • ugew2.png
  • Guía do emprendedor

    Guía do emprendedor

  • Plan de empresa

    Plan de empresa

  • Manuais de xestión

    Manuais de xestión

  • Guías de actividade empresarial

    Guías de actividade empresarial