Programa de fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais de investimento en Galicia, co obxectivo de corrixir os desequilibrios territoriais existentes.

 

 

Proxecto que considera unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Ourense.

Para iso, deseñáronse un conxunto de medidas específicas de apoio á iniciativa privada e emprendedora que achegue riqueza e equilibrio socioeconómico á provincia.

O Plan de Desenvolvemento Integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal é un proxecto da Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Industria, para lograr que estas bisbarras acaden o nivel de desenvolvemento económico de outras zonas de Galicia.

Proxecto que considera unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Lugo.

Para iso, deseñáronse un conxunto de medidas específicas de apoio á iniciativa privada e emprendedora que achegue riqueza e equilibrio socioeconómico á provincia.