Financiamento

condiciones del prestamoJEREMIE, é unha iniciativa da Comisión Europea desenvolvida xunto co Fondo Europeo de Investimentos. A súa finalidade é promover o uso de instrumentos de enxeñaría financeira para mellorar o acceso das PEMES ao financiamento a través das intervencións dos Fondos Estruturais. Esta iniciativa permite utilizar parte dos Fondos Estruturais europeos asignados para investir en instrumentos reembolsables como fondos de capital risco, de préstamo ou de garantía.

[Ficha da Axuda]

[Guía da Solicitante]

 

“Co obxecto do seu xeral coñecemento, comunícase que o Consello de Dirección do Igape, ante a limitación de recursos considerou oportuno establecer uns criterios internos obxectivos que permitan restrinxir o importe máximo dos préstamos naqueles proxectos con menor puntuación, que permita realizar un reparto máis equitativo, diversificar o risco e favorecer aos proxectos de menor dimensión.

De acordo ao anterior, aqueles proxectos que teñan unha puntuación inferior a 60 conforme aos criterios establecidos no artigo 7.2 das Bases Reguladoras, o préstamo máximo será de 500.000 €, máis un máximo adicional de 200.000 € para proxectos a desenvolver nos territorios dos “Plans Impulsa” (Provincias de Lugo, Ourense, e municipios das comarcas da Costa da Morte, e de Ferrol, Eume e Ortegal).

Este acordo ten efectividade desde o 31 de marzo de 2016.”

Programa de fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais de investimento en Galicia, co obxectivo de corrixir os desequilibrios territoriais existentes.

 

 

Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia , favorecento o desenvolvemento equilibrado do territorio.

• Liña de axuda ao investimento empresarial superior a 200.000,00€. (Procedemento IG100).

• Liña de axuda para proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego cun investimento subvencionable superior a 100.000,00€ (Procedemento IG101).

Axudas