BENVIDO AOS PUNTOS PAE PRESENCIAIS DO IGAPE

Creamos a súa empresa de manera rápida, sen papeis, sen desprazamentos inncesarios

Nos Puntos de Asesoramento ò Emprendedor (PAE), prestamos de forma sinxela e clara servizos de asesoramento e información na definición das súas iniciativas empresariais e durante os primeiros anos de actividade e tamén realizamos os trámites administrativos necesarios para a constitución da súa empresa.

Facilitar aos emprendedores, autónomos e persoas xurídicas, con tamaño de microempresa, o acceso a microcréditos, destinados ao financiamento dos seus proxectos de investimento.

Ver a axuda na Base Xeral de Axudas

Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia , favorecento o desenvolvemento equilibrado do territorio.

• Liña de axuda ao investimento empresarial superior a 200.000,00€. (Procedemento IG100).

• Liña de axuda para proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego cun investimento subvencionable superior a 100.000,00€ (Procedemento IG101).

Programa de fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais de investimento en Galicia, co obxectivo de corrixir os desequilibrios territoriais existentes.

 

 

Mapa de localizacións preferentes