Oficina virtual

Categoría para a oficina virtual

A aplicación de axuda para cuestionarios de descripción de proxectos estructúrase mediante as denominadas "fichas": formularios que describen un determinado aspecto do proxecto. Dependendo da complexidade do proxecto, será necesario cubrir máis ou menos fichas. O programa comproba na gravación de cada ficha cales outras son necesarias.

O aspecto xeral da pantalla é o seguinte:

axuda1 marco

A árbore de fichas permite moverse entre as distintas fichas do cuestionario, representar a súaestructura, e coñecer de forma rápida o estado de cada ficha, segundo sedescribe na figura adxunta.

axuda2 marco

Na parte superior da pantalla aparecen os botóns principais. É importante gravar con frecuencia para evita-la pérdida de datos.

axuda 3 marco

A parte inferior da pantalla ten o aspecto seguinte:

axuda4 marco

PASO 1: Entrar coma usuario rexistrado na web do IGAPE

Para iso:

Acceda ó apartado "oficina virtual" da web do igape. Pulse no boton "confeccion de solicitudes cuestionarios"

Introduza o seu identificador de usuario e contrasinal nos cadros de texto preparados para elo e pulse entrar. Se non é usuario da web do Igape pulse "Rexistrar novo usuario"

PASO 2 (optativo): Comprobar os requirimentos técnicos da aplicación.

Se desexa comproba-los requerimentos do seu ordenador para utlizar a aplicación, pulse en "Comprobar requirimentos técnicos" antes de acceder á aplicación.

PASO 3: Acceder á aplicación para cubrir o cuestionario.

Para elo debe introducir inicialmente o CIF e Nome da empresa para a que vai a presentaro o expediente, e logo crear un proxecto novo para ela.

Unha vez creado o proxecto debe introduci-los datos do mesmo no cuestionario. O cuestionario ten un índice á esquerda en forma de árbol no que pode ver qué fichas están correctas ou cales necesitan o aporte de datos.

Cando o cuestionario esté completo poderá xera-lo Identificador de Documento Electrónico (IDE), e mai-la solicitude de axuda.

PASO 4: Presenta-la solicitude de axuda ó IGAPE

A solicitude de axuda que lle entrega a aplicación debe asinarse e presentarse no rexistro do IGAPE, ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (outros rexistros, correo certificado, etc).

Se dispón dun certificado electrónico (ver máis información na páxina de "Tramitación Telemática"), poderá desde a mesma aplicación presentar con total validez a súa solicitude de axuda.

A documentación relacionada a continuación pode ser de utilidade para atopar os datos que se piden no cuestionario. Teña en conta que esta documentación non é necesario en ningún caso entregala coa solicitude, e aparece aquí únicamente como axuda:

  • Alta censal e altas en IAEs
  • Información económica:
    1. Autónomos: IRPF último exercicio
    2. Sociedades: Imposto de Sociedades ou Contas depositadas en rexistro mercantil correspondentes ó último exercicio pechado (para iniciativas de viabilidade, deberán ser dos dous últimos exercicios)
  • Emprego (só sei alegará creación de emprego indefinido): Certificación da TXSS do emprego a data de solicitude.
  • Escrituras (só para Sociedades): para a toma de datos de composición do accionariado ou partícipes no capital. Se a empresa participa noutras, ou está participada por outras en porcentaxes iguais ou superiores ó 25%, recoméndase a recopilación de datos económicos e de emprego de todas elas.
  • Aquela documentación (memoria, planos, presupostos, etc) que permita unha definición detallada e compreta do proxecto a executar.
  • En caso de investimentos por traslado de empresa dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, cando as instalacións a abandonar foran propiedade da empresa ou dos seus socios maioritarios: Informe de tasación das instalacións a abandonar emitido por sociedade de tasación homologada.
  • No caso de adquisición de terreo en polígonos de promoción privada, homologación obtida polos promotores do polígono, emitida pola Consellería de Política territorial, obras públicas e vivenda.
  • No caso de gastos financeiros ligados ó investimento: borradores de póliza de préstamo.
  • No caso de manifestar outras axudas solicitadas ou concedidas, referencia da lexislación aplicable e, no seu caso, resolución de concesión.