CARGANDO ...

Para a confección de solicitudes necesita estar rexistrado como usuario
 
Se xa ten un usuario e contrasinal,
introdúzao nos campos seguintes:
 
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal?
¿Olvidou o seu nome do usuario?
 




Se é a primeira vez que accede:




Oficina virtual

Categoría para a oficina virtual

Para asegurar a validez dos documentos presentados diante da administración pública, estes deben presentarse asinados. Cando a presentación se fai en papel, a sinatura manuscrita do interesado, ou de persoa con poder de representación (no caso de persoas xurídicas) é a garante da autenticidade da documentación e da intención da persoa de presentala ante a administración.

Cando a presentación se fai a través de Internet, a sinatura manuscrita substitúese pola sinatura electrónica. Para que esta sinatura electrónica goce da mesma validez que a manuscrita, debe cumplir principalmente as seguintes condicións (Lei 59/2003 de 19 de decembro, de sinatura electrónica):

  • Debe permitir identificar ao asinante.
  • Debe "protexer" o documento firmado: se este se modifica, a sinatura debe deixar de ser válida.
  • Os medios para asinar un documento deben estar baixo o control exclusivo do asinante.
  • A entidade que certifica a identidade do asinante debe estar "recoñecida" segundo os criterios definidos na mesma normativa.

No estado actual da tecnoloxía, estas condicións tradúcense en que a persoa que desexe asinar electronicamente documentos debe posuir un certificado electrónico baixo a norma X.509 versión 3 expedido por entidade certificadora recoñecida. No caso do IGAPE, as "entidades certificadoras recoñecidas" son as reguladas pola Orde da Consellería de Economía de 25 de novembro de 2004, e que se poden consultar na seguinte dirección: enlace.

Para a obtención de calquera destes certificados, os interesados deben dirixirse á entidade certificadora que elixan para solicitalo. Unha vez instalado, o certificado permite ao IGAPE:

  • Identificar mediante o D.N.I. ás persoas físicas que inician calqueira tramitación.
  • Se o certificado é "corporativo" (ver páxina da consellería que se cita), coñecer a que empresa (ou persoa xurídica en xeral) representan.
  • Aceptar documentos asinados mediante o certificado coa mesma validez que os presentados en papel.
  • Entregar documentación electrónica sobre os expedientes, conservando a validez da notificación convencional.

P. As bases de axudas do Igape para a mellora competitiva das empresas esixen a presentación dunha solicitude na que se debe incluír un "Identificador de Documento Electrónico (IDE)" ¿Que é? ¿Para que serve? ¿Como o obteño?

R. Consciente das posibilidades das novas tecnoloxías para a axilización dos procedementos administrativos, o Igape pon en marcha, para as axudas de mellora competitiva, un medio de presentación completamente telemático das solicitudes de axuda, utilizando as tecnoloxías de sinatura electrónica recoñecida. Esta forma de presentación está baseada na cobertura dun cuestionario que recolla todos os datos sobre o proxecto empresarial a apoiar. Unha vez coñecidos os datos proxecto en formato cuestionario, é moito máis sinxelo determinar a contía da axuda que pode percibir a empresa e darlle unha resposta rápida, para que poida así ter en conta, desde un primeiro momento, os apoios que vai a recibir.

Sen embargo, a Administración non pode discriminar aos solicitantes segundo a tecnoloxía que teñan dispoñible. Debido a isto, o Igape deseñou un procedemento de presentación mixto (parcialmente electrónico e parcialmente en papel), que permite aos solicitantes que non dispoñan de sinatura electrónica ou de medios informáticos presentar igualmente o seu expediente.

Así, se ben se mantén a esixencia de que o cuestionario descriptivo do proxecto se cumplimente de forma telemática, o instituto ofrece os servicios de asesoramento das súas oficinas como puntos de recollida de información. Se así o prefire, o empresario pódese dirixir ás oficinas territoriais do Igape para que un técnico introduza os datos da solicitude na web do instituto.

Unha vez recollidos os datos, é necesario asinalos, e aí é onde o "Identificador de Documento Electrónico (IDE)" xoga o seu papel de "enlace" entre os datos introducidos na web e a solicitude asinada. O IDE é un código de 40 díxitos alfanuméricos que representan unívocamente un documento. Este código pode escribirse de forma sinxela nunha solicitude en papel, de forma que a sinatura manuscrita de dita solicitude valide ademáis os datos introducidos na aplicación web (ben sexa polo empresario ou polos servicios do Igape).

A forma de obtención do IDE é a seguinte: unha vez recollidos todos os datos descriptivos do proxecto na web do Igape, e comprobada a consistencia dos mesmos, o solicitante pode seleccionar a opción de "Presentación en Papel". Esta presentación xerará unha solicitude normalizada que incluirá o IDE correspondente. A continuación, poderase presentar a solicitude en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (Rexistros públicos, correo certificado, etc).

P. ¿Que se entende por "presentación telemática? ¿Como se fai no Igape?

R. O concepto de "Presentación telemática" refírese á entrega por parte do solicitante de documentación para que xurda efectos frente á administración, utilizando para elo medios electrónicos (ordenador e Internet).

No Igape, o acceso á presentación telemática atópase centralizado na páxina http://tramita.igape.es, onde aparecen as ligazóns específicas para cada procedemento que se pode tramitar por esta vía.

P. ¿Que se entende por "notificación telemática"? ¿Como se fai no Igape?

R. Como contrapartida da "presentación telemática" (entrega de documentos á administración a través de Internet), existe tamén a "notificación telemática", isto é, a entrega de documentos por parte da administración a través de Internet.

Esta notificación telemática debe cumprir as normas seguintes:

Voluntariedade: o interesado debe sinalar expresamente que prefire esta vía de notificación ou consentir expresamente nela.

Constancia da recepción: a administración debe poder ter constancia do acceso por parte do interesado á documentación a notificar.

Para cumprir estes dous requisitos, o Igape dispón dun punto de notificación seguro no que o interesado pode recoller a súa documentación. É responsabilidade do interesado o chequeo frecuente de dito punto de acceso para recibir as notificacións por parte do Igape, independentemente dos avisos vía e-mail que o instituto enviará ao enderezo electrónico do interesado cada vez que teña documentación disponible.

En canto a esto último, é importante sinalar que a recepción no enderezo electrónico do usuario do aviso de notificación non xorde ningún efecto legal. Ata que o usuario acceda ao punto de notificación segura, non se considera practicada a documentación. O interesado dispón dun prazo de 10 días naturais para este acceso.

(Regulado no art. 43 da Ley 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas)

P. ¿Para que é necesario o apartado de "comprobación de documentación"?

R. Cando unha persoa (física ou xurídica) presenta documentación a través do rexistro telemático, non dispón inmediatamente dunha comprobación fidedigna da presentación. Esto contrasta coa presentación tradicional, na que o selo de rexistro de entrada serve ao interesado para demostrar que efectivamente presentou a documentación.

Para ofrecer aos interesados a capacidade de demostrar a presentación de documentación ante o Igape, este organismo desenvolveu un apartado de "comprobación de documentación", no cal calqueira persoa pode comprobar a autenticidade da mesma. Para iso:

Os programas de presentación telemática do Igape imprimen, ao finalizar dita presentación, un "identificador de documento electrónico" (IDE).Este IDE está composto de 40 díxitos e letras; o interesado pode imprimilo e gardalo no seu expediente particular.

A folla impresa non ten ningún tipo de validación mecánica ou manuscrita, co cal non ten poder demostrativo da presentación.

Sen embargo, calqueira persoa que queira comprobar se a documentación existe e foi presentada no Igape, pode acceder ao punto de entrada "http://tramita.igape.es" e comprobar mediante o IDE que o Igape ten presentada dita documentación.

A continuación, poderase presentar a solicitude en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (Rexistros públicos, correo certificado, etc)”

O Igape está decidido a apoiarse cada vez máis nas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) para prestar aos seus usuarios unha atención máis áxil e sinxela, evitando sempre os desprazamentos innecesarios.
Esta páxina contén todos os puntos de acceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no IGAPE.

Os servizos dispoñibles neste momento son os seguintes:

Para o acceso a determinados servizos (marcados cun candado) é necesaria a utilización dun certificado electrónico X509 v.3 expedido por entidade certificadora aceptada pola Consellería de Facenda.

Temas relacionados: