Notificación telemática

Pulse na ligazón que aparece ao final do artigo para comprobar se ten calquera notificación do IGAPE.

Esta páxina da acceso ao punto de notificación seguro no que vostede pode recoller a documentación que o IGAPE lle notifica sobre os seus expedientes.

  • Teña en conta que para utilizar esta opción vostede debe:
  • Ter indicado expresamente na solicitude do expediente que se decanta por esta vía de notificación.
  • Posuír un certificado electrónico X509 versión 3 de entidade certificadora recoñecida.

Ter dispoñible o Identificador de Documento Electrónico (IDE de 40 díxitos) da presentación do seu expediente ou alternativamente, ser un representante legal da empresa identificado como tal na solicitude.

Antes de acceder ao contido que se lle vai notificar, debe firmar electrónicamente co seu certificado de usuario un acuse de recibo co cal o IGAPE poderá ter constancia da efectividade da notificación.

É responsabilidade do interesado o chequeo frecuente do punto de notificación, independentemente dos avisos vía e-mail que o IGAPE enviará ó enderezo electrónico do interesado cada vez que teña documentación disponible.

É importante sinalar que a recepción no enderezo de correo electrónico do usuario do aviso de notificación non xurde ningún efecto legal. Ata que o usuario acceda a este punto de notificación segura, non se considera practicada a notificación. O interesado dispón dun prazo de 10 días naturais para este acceso.
(Regulado no art. 59 da Ley 30/1992, apartado engadido pola Ley 24/2001)

Temas relacionados:

Compartir en redes sociais