Clusters

atclustersA agrupación das empresas ao redor de clusters dinámicos, innovadores e competitivos é un valor en alza a nivel global; constitúe un potencial aínda por explotar que a Unión Europa, buscando acelerar a innovación e a competitividade empresarial, prevé favorecer na súa estratexia  de actuación económica para o período 2014/2020.

A Consellería de Economía e Industria está a promover, a través do Igape, unha estratexia de traballo en común cos clusters galegos para avanzar en aspectos como:

  • ofrecer unha imaxe conxunta dos clústers cara á o exterior
  • buscar socios para proxectos europeos
  • formación para avanzar cara á excelencia na xestión dos clusters
  • habilitar espazos compartidos para crear novas sinerxías mediante a potenciación da colaboración

As empresas agrupadas en clusters excelentes que tamén colaboran entre si, constituirán unha plataforma moito máis potente na súa interlocución coas administracións públicas e servirán mellor ás súas empresas.

Porque cremos na política de apoio aos clusters, tamén prevemos seguir avanzando nas medidas xa abertas para primar, tanto nas axudas como nos servizos ofrecidos a través do Igape, e tanto en mellora da competitividade como en internacionalización:

  • Os proxectos colectivos sobre as iniciativas individuais
  • Os proxectos individuais de empresas socias de clusters sobre os de empresas non asociadas.

 

Axudas ás agrupacións empresariais (clusters) innovadoras

 

LogosECICII

O promotor do proxecto é o Instituto Galego de Promoción Económica en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Confederación Empresarial de Ourense, Associação Empresarial de Portugal e a Associação Empresarial de Viana do Castelo.

O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.

LogosECICII

Proceso mediante o cal algún membro dunha empresa con máis experiencia (o mentor) lle ensina, aconsella, guía e axuda a outra (o mentorizado) no seu desenvolvemento.