27/07/2015: O IGAPE oferta a realización de diagnósticos integrais de competitividade de xeito gratuito e servizos avanzados a PEMES galegas. Ver máis detalles no documento adxunto

Prazo para a formación de grupos de traballo: 05/10/2015

Para solicitar un servizo do programa Re-Acciona debe:

1. Acceder á oficina virtual do igape: http://tramita.igape.es

2. Pulsar "Confección de solicitudes (Cuestionarios)" que hai no enderezo citado (se non é usuario da web do IGAPE pediránselle uns datos básicos):

boton-oficina

 

3. Identificar a súa empresa (só se é a primeira vez que fai unha solicitude no IGAPE)

 

alta-empresa2

4. Solicitar o servizo na pestaña "Programas IGAPE" mediante o formulario da liña "IG190":

ov-reacciona2

 

5. Presentalo no IGAPE (no rexistro de entrada en papel, ou ben telemáticamente).

Documentación relacionada:

Aínda que non hai receitas máxicas, a repetición de circunstancias comúns á hora de crear unha empresa permite identificar tanto as mellores prácticas coma as dificultades ás que se enfronta un emprendedor.

O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.

As guías de actividade empresarial son unha ferramenta que valora as actividades empresariais significativas no ámbito económico de Galicia, dende o punto de vista da competitividade e das oportunidades de mercado.