O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia.

Luns, 16 de Febreiro 2015

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) xunto có axente colaborador Team and Time inician a prestación do servizo de Optimización da Produción e Cadea Loxística

O servizo ten como obxectivo realizar melloras cuantificadas en produción e loxística como poden ser a diminución dos prazos de entrega, o aumento de niveis de servizo e a realización dun análise pormenorizado da demanda da carteira de produtos/servizos.

As áreas de intervención na empresa para a implantación destas melloras serán o almacén, a fabricación, o picking e a expedición.

O servizo terá unha duración de 5 meses. Os dous primeiros, as empresas contarán cun bolseiro a tempo completo e recibirán visitas do axente colaborador tódalas semanas.

Nesta primeira fase realizarase a formación inicial, a selección do proceso, a identificación das potenciais melloras e a implantación das mesmas

Nos últimos tres meses a empresa Team and Time realizará un seguimento das melloras implantadas de forma mensual, pechando o servizo cunha formación de análise de resultados. O servizo está indicado para aquelas empresas que teñan un proceso de loxística, produción e/ou distribución de produtos ou xestión de materiais en xeral.

O servizo Optimización da Produción e Cadea Loxística pertence o programa de servizos Re-Acciona do IGAPE, unha aposta de futuro do instituto para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

O custo do servizo esta subvencionado nunha gran parte polo IGAPE, sendo as tarifas variables en función de determinados requisitos. Para obter maior información pode consultar a web do proxecto:

http://www.igape.es/servizos/item/963-mellora-da-producion-e-da-cadea-loxistica

O custo do servizo podera consúltalo na sección de Tarifas da presente web

Luns, 16 de Febreiro 2015

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) pon a disposición das pemes galegas un servizo de Análise do Potencial Competitivo e Primeiras Accións de Mellora no marco do programa Re-Acciona.

O servizo consistirá en axudar as pemes ou autónomos a saber cal é a posición competitiva actual da empresa e as accións necesarias para a súa mellora. Para isto o servizo sustentarase nunha metodoloxía de análise contrastada, baseada nun cuestionario que contempla 42 aspectos da empresa.

O servizo será prestado polas empresas colaboradoras do servizo: Grupo OBZ Consulting, BPO Consultores e Deloitte. Estas empresas ademais serán as encargadas da implementación de determinadas accións de mellora nas empresas.

O servizo de Análise do Potencial Competitivo e Primeiras Accións de Mellora pertence o programa de servizos Re-Acciona do IGAPE, unha aposta de futuro do instituto para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

O custo do servizo esta subvencionado nunha gran parte polo IGAPE, sendo as tarifas variables en función de determinados requisitos. Para obter maior información pode consultar a web do proxecto:

http://www.igape.es/servizos/item/959-ana-lise-de-potencial-competitivo

O custo do servizo podera consúltalo na sección de Tarifas da presente web

Seguindo o seu principio de proximidade á sociedade e as empresas, o IGAPE conta cunha rede de oficinas que se estende por toda a comunidade galega.