Poñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxectivo de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos distínguense polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.
Os tipos de servizos que se prestan dende as oficinas son:
- Información e apoio puntual.
- Prospecciónde mercado.
- Identificación e seguimento de axentes de negocio: socios potenciais, clientes e distribuidores.
- Elaboración de axendas.
- Itinerario personalizado de internacionalización empresarial.
- Apoio puntual en accións de promoción.
- Seguimento de accións comerciais previas.
Beneficiarios dos servizos:
- Empresas galegas dadas de alta en programas avanzados de internacionalización de Igape (IG192).
- Organismos empresariais galegos.
Modo de solicitude de servizo: a través da Oficina Virtual do Igape IG238 Servizo de Apoio no Estranxeiro
Temas relacionados:
- Solicitude de alta en programas avanzados de apoio á internacionalización IG192 (Diagnóstico)
- Boletín-lista de distribución novidades e convocatorias Igape