Plataformas empresariais no exterior

En Brasil, Colombia, México, Rusia, China, Marrocos.

Poñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxectivo de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos distínguense polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.

Os tipos de servizos que se prestan dende as plataformas son:

  • Información e apoio puntual.
  • Prospecciónde mercado.
  • Identificación e seguimento de axentes de negocio: socios potenciais, clientes e distribuidores.
  • Elaboración de axendas.
  • Itinerario personalizado de internacionalización empresarial.
  • Apoio puntual en accións de promoción.
  • Seguimento de accións comerciais previas.

 

Beneficiarios dos servizos:

  • Empresas galegas dadas de alta en programas avanzados de internacionalización de Igape (IG192)
  • Organismos empresariais galegos.

 

Modo de solicitude de servizo:  a través da Oficina Virtual do Igape IG238 Servizo de Apoio no Estranxeiro 

 

Temas relacionados: