Antenas Empresariais do IGAPE no exterior

Perú (Lima)

China (Shanghai)

México (México D.F.)

Rusia

Marrocos

Poñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxectivo de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos distínguense polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.

Os tipos de servizos que se prestan dende as antenas son:

  • Información e apoio puntual.
  • Prospección de mercado.
  • Identificación e seguimento de axentes de negocio: socios potenciais, clientes e distribuidores.
  • Elaboración de axendas.
  • Itinerario personalizado de internacionalización empresarial.
  • Apoio puntual en accións de promoción.
  • Seguimento de accións comerciais previas.

 

Beneficiarios dos servizos:

  • Empresas galegas dadas de alta en programas avanzados de internacionalización de Igape (IG192)
  • Organismos empresariais galegos.

 

Modo de solicitude de servizo:  a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas do IGAPE no exterior 

As solicitudes de servizos as plataformas pendentes de finalizar das liñas IG237 e IG238, teranse que solicitar de novo a través do procedemento IG263.

 

Temas relacionados: