O IGAPE e as Cámara de Comercio Galegas colaboran na posta en marcha dun novo plan de accións promocionais conxuntas no exterior, Plan Foexga 2019 - 2020.
As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:
- Aumentar a base de empresas exportadoras.
- Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
- Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
- Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
Destinatarios das actuacións:
Empresas galegas que dispoñan dun informe positivo en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización (IG192) realizado a través de programas do Igape.
Investimentos ou gastos computables:
- Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).
- Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que teñan lugar no estranxeiro.
Entidades colaboradoras adheridas ao programa:
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña (Tlf: 981216074)
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa (Tlf: 986446295)
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela (Tlf: 981596800)
Modo de inscrición en cada acción:
Consulte a cámara para confirmar accións e datas.
IG249 Modelo de cuestionario de solicitude
IG249 Manual de instruccións de presentación da solicitude
Temas relacionados: