Exportación Galega

Base de datos de empresas exportadoras galegas clasificadas por produto, empresa e país.

Exportación Galega é un servizo on-line aberto a aquelas empresas galegas que xa teñan presenza en mercados exteriores ou para aquelas que desexan facelo.

Este portal ofrece información actualizada de máis de 2.000 empresas e produtos galegos, catálogos dos sectores produtivos máis representativos así como novas de interese.

A finalidade deste servizo é promover ás empresas e produtos galegos no exterior a través de Internet. Queremos reunir o maior volume de información posible sobre as nosas empresas e os seus produtos para dar os a coñecer en todo o mundo.
Para iso ofrecémoslle un espazo gratuíto (Ficha de Empresa e Fichas de Produto) onde poderá mostrar con imaxes o que á súa empresa ofrece a posibles compradores.

Obxectivos:

  • Potenciar a exportación dos produtos e empresas galegas.
  • Ampliar mercados.
  • Poñer a disposición de calquera empresa ou persoa, información sobre a comercialización exterior galega dunha forma segmentada, clara e útil.
  • Facilitar unha ferramenta útil para poder xerar posibilidades de negocio, grazas á información contida sobre os diversos produtos e as súas características, ademas dos datos fundamentais das empresas exportadoras galegas co obxecto de permitir un rápido e doado contacto.

 

Se ten interese en consultar ou incluír a súa empresa neste portal pode facelo seguindo as instrucións indicadas no portal Exportación Galega