CARGANDO ...

Para acceder necesita estar rexistrado como usuario
 
Se xa ten un usuario e contrasinal,
introdúzao nos campos seguintes:
 
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal?
¿Olvidou o seu nome do usuario?
 




Se é a primeira vez que accede:




Xestores de internacionalización

Bolsa de traballo de xestores de internacionalización e convocatorias de axudas para a contratación de persoal especializado na xestión internacional da empresa.

Base de datos á que poden acceder profesionais co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.

Consulta da base de datos de xestores de internacionalización

Para a inscrición na bolsa de traballo e necesario validarse como usuario da web.

Poden formar parte desta bolsa de traballo as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional.
  • Cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións:
    • Acreditar ter sido beneficiaria dalgunha bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial.
    • Acreditar formación específica en comercio internacional (máster, curso de postgrao ou similares). Admitiranse só cursos completos nesta materia de duración igual ou superior a 140 horas. Esta formación enténdese acreditada para os FP técnicos superiores en comercio internacional e para os candidatos titulados universitarios que posúan titulacións enfocadas primordialmente ao comercio internacional
    • Acreditar experiencia laboral igual ou superior a 12 meses na categoría profesional que corresponda coa titulación esixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

 

No caso de que algunha empresa ou organismo galego desexe contactar con algún xestor, deberá cubrir a ficha de consultas de internacionalización, validándose no formulario, indicando -datos da consulta-, os números de identificación dos xestores nos que está interesado, os datos de contacto e unha descrición da oferta de traballo que lle será enviada polo IGAPE a cada xestor, a efectos de que éstos, de estaren interesados na oferta de traballo, se comuniquen directamente coa empresa ou organismo.

Para a incorporación á empresa destes profesionais pódese solicitar a axuda para a contratación de xestores de internacionalización. Consulte condicións destas axudas e apertura de convocatoria.

 

Para solicitar a inscrición na bolsa de traballo como de axentes de internacionalización e necesario validarse como usuario da web no formulario.

Temas relacionados: