Galicia Exporta Empresas. IG230-2017

Obxectivo: incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Actuacións:

a) Actuacións de difusión
b) Actuacións de promoción
c) Prospección en mercados internacionais: Axendas de reunións que ser executen dentro do prazo de execución, desenvolmento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para a consolidación do negocio.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de marzo de 2017 rematará o 9 de maio de 2017.