Galicia Exporta Organismos Intermedios. IG208-2018

 

Obxectivo das accións: incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido a proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás que representan.

 

Actuacións subvencionables:  

a) Gastos de viaxe dunha persoa por organismo intermdio e/ou por cada peme participante na acción.

b) Aloxamento dunha persoa do organismo intermedio e/ou de cada peme participante na acción.

c) No caso de misións inversas teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión (máximo 20 persoas por país e acción). Son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, tasas de visado e seguro de viaxe.

d) Gastos de publicidad inherentes á acción promocional.

e) Gastos de intérpretes.

f) Gastos de aluguer de espazos e servizos relacionados

...

 

Contía das axudas: 80% de subvención sobre os gastos subvencionables co límite máximo de subvención de 150.000 € por beneficiario e convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de febreiro de 2018.

 

 

 

 

 

Axudas