Contratación de Xestores de Internacionalización. IG166-2017

Obxectivo: incorporación ou reinserción no mercado laboral – de xoves profesionais e de profesionais sénior experimentados en situación de desemprego- ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización. Poñendo a disposición das pemes: profesionais con formación especializada, subvención para a súa contratación e titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.

Actuacións: Serán subvencionables contratos laborais por conta allea (baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación) -a tempo completo ou a tempo parcial (neste caso dunha duración mínima do 50% da xornada laboral completa)- de xestores da base de datos de Igape de xestores de internacionalización por un período mínimo de 15 meses ou polo tempo restante deses 15 meses no caso de contratos de xestores substituidos dos iniciais.

No caso de contratos a tempo parcial, un mesmo xestor pode ser compartido -con contratos subvencionados por estas bases- por un máximo de dúas empresas.

O custo subvencionable será o salario neto correspondente a un máximo de 15 meses de contratación.

O período de contratación subvencionable é o comprendido dentro do prazo de execución, entre a data de solicitude de axuda e o 31 de agosto de 2018.

Prazo de presentación: o prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará transcorridos dous meses desde a dita data.