Galicia Exporta Dixital. IG227.2020

Obxectivo: apoiar as empresas galegas no desenvolvemento e a implementación dun plan de Internacionalización dixital de empresa, co obxectivo de facilitar a súa presenza en mercados, o aceso a clientes, a redución dos custos de transacción e publicidade e permita abrir canles comerciais novos, para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

Tipo de apoio: Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes rematará o 24 de marzo de 2020.