Formación

A pandemia COVID-19 transformou inesperadamente o escenario económico mundial e forzou un cambio na planificación e repensar as estratexias de internacionalización das empresas.

A competitividade internacional do século XXI enfróntase a un novo paradigma onde a conectividade, a intelixencia artificial e o traballo na nube, entre outras tecnoloxías, cambiaron os modelos de negocio das empresas.

Combinar a xestión en liña e fóra de liña dun xeito máis intelixente e tomar decisións estratéxicas baseadas na análise de datos, lograr omnicanalidade internacional, son grandes retos.

Co obxectivo de informar sobre as reaccións dos mercados internacionais e axudar a comprender a influencia dos novos avances dixitais no posicionamento internacional e global, o Igape ofrece ás empresas o programa "Fórmate internacional"

O programa inclúe cursos "Fórmate" con contido específico sobre as claves da internacionalización nun contexto diferente e Webinarios de actualización de mercados "Ciclo de seminarios web do país", "Ciclo BrexitGalicia".

Todo o contido é dixital e gratuíto para as empresas galegas.

Cursos:

  • Format-e: formación empresarial para xestionar o novo escenario post-Covid no campo do Comercio Internacional. "Coñece as bases da internacionalizacion dixital". Setembro 2021-marzo 2022. Máis información. nuevo gl

Webinarios:

  • Ciclo Webinar País: Antena Igape Perú ( xoves 22 de outubro ás 17h).        Programa  |  Reserva praza
  • Ciclo Webinar País: Antena Igape Marrocos ( martes 15 de decembo. 10h). Programa  |  Reserva praza
  • Ciclo Webinar País: Antena Igape EEUU (xoves 18 de febreiro ás 17:00 horas). Programa  | Reserva praza
  • Ciclo Webinar País: Antena Igape México (martes 2 de marzo ás 17:00 horas). Programa | Reserva praza
  • Ciclo Webinar País: Antena Igape China (luns 15 de marzo ás 09:00 horas). Programa  | Reserva Praza
  • Ciclo Webinar País: PERÚ. Sector TIC (xoves 08 de abril ás 16:30 horas). Programa | Reserva Praza
  • Ciclo Webinar País: BRASIL. (mércores 29 de setembro ás 16:00 horas). Programa | Reserva Praza

 

Ciclo BrexitGalicia:

  • Análise dos retos loxísticos e oportunidades de negocio vinculadas á entrada do BREXIT, (martes 23 de febreiro, 16 horas). Programa  |  Reserva praza
  • Adpátate a un Brexit en funcionamento, (mércores 20 de xaneiro, 10h). Programa | Reserva praza
  • BREXIT. Impacto aduaneiro, efectos fiscais e medidas de apoio ás empresas, (venres, 12 de xaneiro, 10h) Programa | Reserva praza

 

Na “BIBLIOTECA DE CONTIDOS”    youtube p  pode atopar a versión íntegra dos webinars celebrados.

 Máis información:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

 

26 de maio de 2018.

Curso organizado polo IGAPE, en colaboración co ICEX.

As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, especialmente para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade cómo funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.

BannerContract11
Inscricion    Programa

Con periodicidade anual e dende 2011 vense celebrando a Semana Internacional Contract Galicia co obxectivo de achegar as tendencias e oportunidades de negocio internacionais e promover a reunións e networking entre as empresas do sector e nomeados prescriptores internacionais, poñendo a Galicia no punto de encontro.

Este ano 2021 voltamos a celebrar a XI edición da Semana Internacional Contract, o evento como ven sendo habitual conta con duas partes:

Xornada Inaugural o día 25 de Outubro 2021 no Parador Costa da Morte (Muxía), edificio arquitectónico de gran singularidade, recentemente inaugurado, bo exemplo da colaboración industrial e de servizos de empresas e profesionais galegos vinculados ao Canal Contract.

Xornada de networking e reunións individuais entre empresas e cos prescriptores e relatores participantes, o día  26 de Outubro 2021 no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).

O Igape convoca 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación  práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

21/07/2020 data fin de prazo de solicitudes.