Programa de Formación en Inglés Empresarial

A Consellería de Economía e Industria iniciou en 2015 a través do Igape, programas de inmersión en inglés destinados a facilitar a internacionalización empresarial.

Destinatarios da formación: directivos e mandos intermedios; técnicos de empresas (incluídos autónomos) ou de organismos empresariais (asociacións, clusters, consellos reguladores, centros tecnolóxicos) con centro de traballo en Galicia. Profesionais con responsabilidades e/ou tarefas relacionadas coa internacionalización empresarial e traballando nun centro de traballo de Galicia. (Reservarase un mínimo do 10% de prazas dos cursos de inmersión, a profesionais dados de alta como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

 

PRÓXIMA CONVOCATORIA: 2017

 

Tipos de formación:

  • CURSO DE INMERSIÓN: formación presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas (profesores nativos), duración dunha semana, celebrandose de luns a vernes incluíndo manutención e aloxamento.

           Lugar: Centro de Inmersión Lingüística Os Peares. Poblado de Fenosa. Carballedo. Lugo.

  • SEGUIMENTO durante 3 meses con comunicación co alumno a través de: E-mails, chamadas telefónicas, Visita á empresa (recorrido e, explicación da empresa e a súa actividade ao profesor).

          Lugar. Desde o propio lugar de traballo do alumno

 

Polo que respecta ás empresas (incluídos autónomos) deberán estar dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo (IG192). A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, debe facerse a través do procedemento do Igape IG192.

Prazas limitadas.

Para consultas relacionadas con este programa pode contactar no teléfono 981 54 16 78 ou enviando un email a:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.