Curso: "O Comercio Internacional, transporte marítimo e operativa portuaria, 7ª edición"

Curso organizado polo  IGAPE, en colaboración co ICEX.

As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, especialmente para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade cómo funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.

A exportación soe estudarse desde unha perspectiva porta a porta. Este novedoso curso faino tomando como punto de partida o porto. Nos contratos de exportación de mercadorías o porto é o punto onde conflúen máis custos e máis riscos para as partes implicadas na venda internacional, cos conseguintes efectos xurídicos e económicos para elas.

Obxectivos da formación:

  • Coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.
  • Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.
  • Familiarizarse co novo código aduaneiro e as súas implicacións.
  • Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.

 

Destinatarios da formación: empresas galegas e operadores de comercio internacional que queiran iniciarse ou consolidarse no comercio exterior.

Tipo de formación: online

Datas celebración do curso: do 23 de setembro a 8 de decembro de 2019, cunha duración de 120 h.

Prezo por alumno: 195 €.

Contidos do curso:

  • Módulo 0: formación en ferramentas e-learning. Campus Virtual 23-29 stembro
  • Módulo 1: Os Portos como Nodos Intermodaies e Centros Loxísticos. 30 setembro-13 outubro
  • Módulo 2: INCOTERMS. 14-27 outubro
  • Semana de recuperación: 28 outubro-3 novembro
  • Módulo 3: As Aduanas. 4-17 novembro
  • Módulo 4: Portos e Contratos de Transporte. 18 novembro - 1 decembro
  • Semana de recuperación 2-8 decembro

 

O alumno dispón dun plan de traballo semanal e conta cun titor on-line experto en cada unha das áreas do curso, que lle axudará e asesorará no seu proceso de aprendizaxe, traballo e reflexión.

Unha vez rematada a formación online, realizaranse visitas aos principais portos españois por parte dos alumnos, podendo elexir os que desexan visitar de acordo aos seus intereses, co obxectivo de que os alumnos poidan coñecer de man dos distintos axentes que operan no porto os procesos que afectan aos ben e mercadorías.

Prazas limitadas. Admisión ata que se complete o cupo de 50 prazas. 

As solicitudes presentaranse a partir do venres 14 de xuño.

Se desexa máis información pode consultar a seguinte ligazón: [ Información e inscrición ]