Bolsas de promoción exterior 2020

O Igape convoca 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación  práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

21/07/2020 data fin de prazo de solicitudes.

Obxecto deste programa:

Formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial baixo a modalidade de formación práctica no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas do Igape ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro) para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

Data fin presentación de solicitudes: 5 de maio de 2020.

Importante: os exames de idiomas realizaránse unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.  A data exacta dos exames publicaráse nesta web. Os aspirantes que non comparezan ou non acaden o nivel mínimo B2 na proba de inglés quedarán excluídos do proceso de selección.

[Pode baixar unha plantilla cos datos que vai precisar para cubrir a solicitude de alta na bolsa de promoción exterior, esta plantilla non é válida para a súa presentación]. Cubrir SOLICITUDE (a partir do 4-03-2020).

Instrucións para cubrir a solicitude:

  1. Entrar en Oficina Virtual, crear usuario e validarse. http://www.igape.es/es/oficina-virtual .
  2. Logo de validado ir á pestana de empresas e crear unha empresa tipo Persoa Física (nome da persoa, DNI).
  3. Logo ir á pestana de servizos seleccionar IG220 - ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL.
  4. Cubrir os datos que se lle van solicitando.
  5. Presentar vía telemática mediante certificado dixital.



 

CONVOCATORIA 2020:

26 de maio de 2018.