Curso: "O Comercio Internacional, transporte marítimo e operativa portuaria, 9ª edición"

Curso organizado polo IGAPE, en colaboración co ICEX. (solicitudes a partir do 20 de xullo as 8 horas)

As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, especialmente para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade cómo funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.

A exportación soe estudarse desde unha perspectiva porta a porta. Este novedoso curso faino tomando como punto de partida o porto. Nos contratos de exportación de mercadorías o porto é o punto onde conflúen máis custos e máis riscos para as partes implicadas na venda internacional, cos conseguintes efectos xurídicos e económicos para elas.

Obxectivos da formación:
•Coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.
•Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.
•Familiarizarse co novo código aduaneiro e as súas implicacións.
•Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.

Destinatarios da formación: empresas galegas e operadores de comercio internacional que queiran iniciarse ou consolidarse no comercio exterior.

Tipo de formación: online

Datas celebración do curso: do 14 de setembro a 22 de novembro de 2020, cunha duración de 120 h.

Prezo por alumno: 245 €.

Contidos do curso:
•Módulo 0: formación en ferramentas e-learning. Campus Virtual 14 a 20 de setembro
•Módulo 1: Os Portos como Nodos Intermodais e Centros Loxísticos.21 de setembro a 4 de outubro
•Módulo 2: INCOTERMS 2020. 5 a 18 de outubro
•Módulo 3: As Aduanas. 19 de octubro a 1 de novembro
•Módulo 4: Portos e Contratos de Transporte. 2 a 15 de novembro
•Semana de recuperación 16 a 22 de novembro

O alumno dispón dun plan de traballo semanal e contan cun titor on-line experto en cada unha das áreas do curso, que lle axudará e asesorará no seu proceso de aprendizaxe, traballo e reflexión.

Unha vez rematada a formación online, realizaranse visitas aos principais portos españois por parte dos alumnos, podendo elexir os que desexan visitar de acordo aos seus intereses, co obxectivo de que os alumnos poidan coñecer de man dos distintos axentes que operan no porto os procesos que afectan aos ben e mercadorías.

Prazas limitadas. Admisión ata que se complete o cupo de 50 prazas.

Se desexa máis información pode consultar a seguinte ligazón: [ Información e inscrición