A saída do Reino Unido da Unión Europea o Brexit plantexa dificultades e tamén pode ser a orixe de vantaxes, se a súa empresa se está vendo afectada utilice as ferramentas que pon á súa disposición o IGAPE.
Atención personalizada: |
Teño unha consulta particular, a miña problemática co Brexit non responde a ningún esquema clásico. Envíenos un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , orientarémolo persoalmente a través da nosa VentanillaIgapeBrexit.
Avaliación do impacto do BREXIT na miña Empresa |
Avaliación periódica do nivel de madurez e exposición da miña empresa en relación aos impactos do Brexit. Quero coñecer a miña situación comparativa respecto a outras organizacións con diferentes niveis de madurez, exposición, recursos e actividade. Compróbeo gratuitamente a través da nosa ferramenta de auto diagnóstico Brexit.
Necesito un Servizo de Consultoría Brexit: |
O Reino Unido é un dos meus principais mercados, exportei mais de 100.000 euros ao Reino Unido nos últimos tres exercicios, o Reino Unido supón mínimo o 10% do meu comercio exterior intracomunitario total. Se está neste caso ten á súa disposición as axudas do CHEQUE BREXIT, permitiranlle obter servizos de consultoría especializada cunha subvención de ata o 80%. Prazo de solicitudes ata o 17 de maio 2021.
Información actualizada e seguimento do acordo Brexit: |
Periodicamente ofrecémoslle o noso #BoletinIgapeBrexit que recolle as ultimas novidades e avances na materia, pode consultalo aquí.
Coa intención de prepararnos para a nova realidade internacional tamén poñemos á súa disposición información periódica, Brexit, sectorial, temática e de mercados por medio de sesións online nas que pode participar online ou visionar en diferido a través da nosa canal de Youtube.