Medio cento de empresas galegas participaron no punto de encontro coa plataforma Pexga de Francia, que se desenvolveu esta semana en Santiago de Compostela. Sete destas empresas participaron ademais nun encontro de traballo coa directora da plataforma, Belén García, para estudar posibles alianzas e vías de colaboración entre elas nese mercado. Desde a súa apertura no pasado mes de outubro, a plataforma empresarial de Francia prestou servizos a preto de cen empresas.

A asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia explorou co apoio do Igape posibilidades de negocio en mercados como Rusia ou India e xa facilitou a implantación de empresas galegas en Brasil. O director do Igape salienta a importancia de que existan en Galicia agrupacións de empresas e clusters empresariais con potencial competitivo e ambición para explorar e conquistar espazos de negocio en mercados internacionais.

O director do Instituto Galego de Promoción Económica presentou en Braga os resultados acadados por este programa europeo transfronteirizo liderado polo Instituto. Máis de 250 emprendedores e empresas participaron nos talleres especializados en xestión de empresas biotecnolóxicas. 35 bioemprendedores de Galicia e do Norte de Portugal recibiron asesoramento para trasladar ao mercado as súas ideas.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse con representantes de 12 proxectos nos que cooperan 70 empresas para entrar nos mercados de Brasil, México, Panamá e República Dominicana. Con este plan orientado especialmente ás pemes promóvense proxectos de primeira implantación comercial en mercados exteriores impulsados por agrupacións de polo menos tres empresas, ou por asociacións que representen a máis de cinco empresas.

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Ceg organizaron un encontro e un taller "export networking" coa plataforma da rede Pexga para favorecer a apertura das empresas galegas a este mercado en crecemento. A Plataforma Pexga en Rusia desenvolveu arredor de trescentas accións ao servizo das empresas galegas. O director da oficina da Pexga en Rusia mantivo encontros e entrevistas individuais con representantes das setenta empresas ou asociacións empresariais interesadas.

A internacionalización é unha vía irrenunciable para mellorar a competitividade das empresas galegas e recuperar o crecemento económico. O IGAPE apoia as iniciativas de internacionalización das empresas galegas cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino, mediante instrumentos como as ofinas do IGAPE no exterior.

Estratexia internacionalización 2020

Estratexia internacionalización 2020

  • Estratexia internacionalización 2020

    Estratexia internacionalización 2020

  • Guía de servizos ICEX 2019

    Guía de servizos ICEX 2019

  • Internacionalización. Casos de éxito

    Internacionalización. Casos de éxito

  • Situación das empresas galegas

    Situación das empresas galegas

  • bannereciciprogramaserviciosapioio-gl.png
  • foexga-banner-pequeno.png
  • Xestores de internacionalización

    Xestores de internacionalización

Axudas