Bolsas para proxectos de mellora 2017

100 bolsas IGAPE, Solicita antes do 16 de xullo

O obxecto destas axudas é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.

Os titulados incorporaranse a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais, período no que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

Duración: un ano (prorrogable por 4 meses adicionais). Dotación económica: 10.800 € brutos anuais.

O programa foi publicado no DOG do 19/7/2017, con prazo de presentación de solicitudes ata o 14/9/2017.

¿Cando poderei incorporarme en caso de ser elixido?
Os bolseiros iranse incorporando aos distintos destinos segundo se vaian asinando os convenios coas entidades colaboradoras, e isto podería ser en calquer intre durante os 12 meses seguintes, tempo no que estará vixente esta lista.

Se desexa solicitar unha bolsa, pode consultar a seguinte documentación:

- Guía detallada da tramitación de solicitudes: cómo utilizar a oficina virtual do IGAPE para completar o cuestionario de solicitude.

- Preguntas máis habituais recibidas no servizo de información do IGAPE.

- Folleto informativo

[Ver Ficha na base de axudas]



 

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios