• imagen18.png
  • imagen19.png
  • imagen20.png

Re-Acciona: cando as persoas queren, as empresas poden

 

 

Axuda aos directivos a coñecer cal é a posición competitiva actual da empresa, orientando o seu futuro cara á mellora a través do deseño dunha ruta ideal de cambio, establecendo accións consensuadas e colaborando na súa implantación 

 

Descobre un servizo de asesoramento financeiro de alto nivel que potencia a viabilidade financeira da túa empresa e desenvolve a visión práctica neste área para o persoal directivo 

 

Identifica e implanta melloras cuantificadas orientadas á eficiencia e redución de custos na cadea loxística: produción, almacenaxe, operacións...

 
 

Redeseña os esquemas e procedementos de comercialización da túa empresa para fortalecer as vendas

 

Analiza os procesos operativos da túa empresa e implementa un modelo de xestión baseado en procesos e indicadores.

 

Responde as preguntas “que contar?” e “como contalo?” Define e desenvolve a túa mensaxe apoiada na construción dunha imaxe positiva e homoxénea.

 
 

Deseña o futuro da túa empresa e define o conxunto de accións necesarias para poder alcanzalo, a xeito de plan de mellora global da empresa

 

Desenvolve, cos equipos da empresa, os plans deseñados no “Plan de futuro empresarial (indicadores, metas, programación de implantación...) e inicia a implantación dun dos máis estratéxicos

 

Planifica a sucesión familiar ou elabora un protocolo familiar.

Adaptámonos ás circunstancias e necesidades de cada empresa

 
 

Identifica as oportunidades de mellorar os resultados e selecciona os socios máis axeitados para o teu negocio.

 

Reorienta o modelo de negocio da túa empresa ou planifica a incorporación dunha nova liña de negocio ou unha nova forma de prestación do servizo

 

 

Pedímos a algúns dos empresarios e directivos das máis de 300 empresas que participaron en Re-Acciona que nos explicasen as súas impresións. Na sección casos de éxito poderás ver os vídeos resumo coas súas opinións.Consúltaos agora!!

 

Se es unha Peme ou autónomo que teña un centro de traballo en Galicia cun equipo de xestión abondo para executar o proxecto de mellora, podes participar no programa Re-Acciona nos servizos da túa elección.

 

  1. Acceder á oficina virtual do IGAPE: http://tramita.igape.es
  2. Pulsar "Confección de solicitudes (Cuestionarios)" que hai no enderezo citado (se non é usuario da web do IGAPE, pediránse uns datos básicos).
  3. Identificar a túa empresa (só se é a primeira vez que fai unha solicitude no IGAPE).
  4. Solicitar o servizo "IG190" na pestana "Programas IGAPE" e cubrir o formulario de solicitude.
  5. Presentar en prazo a instancia de solicitude no IGAPE (rexistro de entrada en papel ou telematicamente).

 

Os prezos dos itinerarios deseñados varían en función do servizo, dende a posibilidade de participar gratuitamente, ata servizos cunhas tarifas cofinanciadas ao 80% polo IGAPE realmente competitivas e adaptadas para cada tipo de empresa.

 

 

No noso blog poderás consultar tódalas noticias, eventos e novidades sobre o programa Re-Acciona ademáis de interactuar con nós.

 

 

Este servizo é prestado de maneira coordinada por asesores de contrastada experiencia no mercado.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios