Venres, 11 Setembro 2015 14:23

Programa de Inmersión en Inglés Empresarial

Escrito por 

O IGAPE inicia os primeiros dunha serie de programas de inmersión en inglés, relacionados coa internacionalización empresarial.

“A segunda fase de selección faráse cos inscritos ata o 9 de setembro de 2016”

Tipo de formación: presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, en fin de semana (sábado e domingo) incluído manutención e aloxamento.

Duración dos cursos ofertados e número de prazas:

  • 4 Cursos de duración corta: 1 fin de semana no período de outubro a decembro de 2015, de temática puntual de interese para a tipoloxía de inscritos ao curso. Total 20 horas (Máximo: 40 prazas, 10 por curso).

 

Lugar: Centro de Inmersión Lingüística Os Peares. Poblado de Fenosa. Carballedo. Lugo.

Destinatarios da formación: directivos/mandos intermedios/técnicos de empresas u organismos empresariais (asociacións, clusters, consellos reguladores, centros tecnolóxicos) con domicilio social en Galicia. Profesionais con responsabilidades e/ou tarefas relacionadas coa internacionalización empresarial e traballando nun centro de traballo de Galicia. (Reservarase un mínimo do 10% de prazas a profesionais empadroados en Galicia -cun ano de antigüedade anterior ao 30 de setembro de 2015- con experiencia neste ámbito, en situación de desemprego e, dados de alta como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia).

Custo dos programas por alumno:

  • Curso Corto: 356€ (o IGAPE financia ó 50%, polo que o custo do programa para profesionais en activo é de 178€.

 

Este custo inclúe:

  • Formación con persoal nativo (grupos reducidos dun máximo de 10 persoas).
  • Material didáctico.
  • Aloxamento de sábado a domingo en habitación individual.
  • Manutención.

Requisitos dos candidatos:

  • Inscrición en www.igape.es/gl/xornadas  [ampliado prazo de inscrición para profesionais en activo e para cursos de 1 fin se semana,  ata o 25 de novembro].
  • Polo que respecta a traballadores en activo, a empresa para a que traballan deberá estar dada de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, debe facerse a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2015, ou en exercicios anteriores.

 

Criterios de selección:

  • Proba de selección nivel de idioma: Alto: 10 puntos Medio: 5 puntos.

  • Orde de inscrición: no caso de empate de puntuación.

  • Outros criterios según tipo solicitante:

    • Profesionais en activo:
      • Grao de responsabilidade nas tarefas de internacionalización. Directivo/Xerente empresa: 30 puntos. Mando intermedio/ Técnico empresa: 20 puntos. Xerente/Director organismo intermedio: 10 puntos. Mando intermedio/Técnico organismo intermedio: 5 puntos.
      • No caso de demanda superior á oferta, se dará preferencia a unha persoa por empresa u organismo.

 

Instalacións e experiencia do Centro de Inmersión Lingüística de Os Peares.

Data de finalización de inscrición en www.igape.es/gl/xornadas: (ampliado prazo de inscrición para profesionais en activo e para cursos de 1 fin se semana, ata o 25 de novembro).

Prazas limitadas

Unha vez realizada a inscrición informaremos aos inscritos dos seguintes pasos a seguir e da documentación a aportar.

Para consultas relacionadas con este programa pode contactar con Juan Carlos Rodríguez no teléfono 981 54 11 42 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
Este programa conta co financiamento do Fondo Social Europeo.


DATAS E HORARIO FORMACIÓN:

  • Datas celebración curso de 1 fin de semana: (novembro: 14 - 15, 28 - 29), (decembro: 5 - 6).

 

Horario: dende o sábado ás 9.30h ata o domingo ás 21.00h.

 


RESULTADO PROBA DE IDIOMA

Resultado da proba de idioma polo número de rexistro establecido por orde de inscrición. CONSULTAR


PUNTUACIÓN SOLICITANTES EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

Puntuación solicitantes en situación de desemprego. CONSULTAR

Leer 39725 veces Modificado por última vez en Mércores, 20 Xullo 2016 13:42

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios