Luns, 28 Setembro 2015 14:00

Feira ACEINT: Tecnoloxía na Nova Economía

Escrito por 

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e BICMINHO, e baixo o marco do proxecto POCTEP ACEint, organiza unha xornada, o próximo 2 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, co obxectivo de favorecer encontros bilaterais entre empresas e entidades galegas e portuguesas enmarcadas no sector tecnolóxico.

Se a túa empresa pertence ao sector tecnolóxico e quere darse a coñecer noutros sectores, este é o teu evento.
Data: 2 de outubro de 2015
Hora: de 11:00 a 17:15 h
Lugar: Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

O programa da xornada é o seguinte:

  • 11:00-11:15 Recepción e acreditación de asistentes.
  • 11:15-11:30 Presentación institucional.
  • 11:30-12:30 Sesión inaugural “Somos híbridos”, con Enrique Dans, (  investigador, divulgador e  asesor a startups en materia de rede e tecnoloxía. Profesor de Sistemas de Información en IE Business School..
  • 12:30-13:30 Sesións paralelas:
  • Pecha-kucha “Abrindo portas” Presentacións de proxectos e empresas innovadoras. Presentado por Iñaki Quenerapú, evanxelizador dixital e pensador de nomes.
  • “Imaxinemos un futuro xuntos... Encontros bilaterais entre empresas-entidades, xa pre-concertadas e con espazo reservado.
  • 13:30-15:00 Xantar networking “Tapas híbridas”, incluído na inscrición.
  • 15:00-17:00 Espacio-lab:“Design thinking ou thinking design?” Impartido por Diego Parajó, experto en innovación social. Xeneme Intervención Social.
  • “Construción e deseño con cultura maker” Impartido por Álvaro Rey, de MakerGal.
  • 15:00-17:00 Espazo reunións
  • 17:00-17:15 Peche

Tanto se queres realizar unha presentación do teu produto/servizo/proxecto en formato pecha-kucha, como se queres formar parte dun encontro bilateral con outra empresa/entidade, ou simplemente asistir e escoitar, é necesario que cubras o formulario de inscrición.

A entrada e participación é de balde.

INSCRICIÓN

Leer 37489 veces Modificado por última vez en Luns, 28 Setembro 2015 14:03

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios