Mércores, 13 Xullo 2016 14:08

Encontro coa plataforma Pexga en Marrocos

Escrito por 

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no encontro coa plataforma Pexga en Marrocos, que terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 21 de xullo.

[ Ver Programa. ]

 

David Garay Mazón, Director da Plataforma Empresarial de Galicia en Marrocos, estará a disposición das empresas para as seguintes actividades:
 

  • Seminario "Tips para facer negocios con Marrocos": Oportunidades e Claves de Implantación, que se desenvolverá o xoves 21 de xullo a partir das 9.45 h na sede da Confederación de Empresarios de Galicia. 
  • Entrevistas bilaterais. As empresas poderán solicitar unha entrevista bilateral cos representantes da plataforma, que lles permitirá expor as cuestións relativas aos seus proxectos en Marrocos de forma individual e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a oficina lle poden ser de utilidade. 

 

O horario previsto para a realización das entrevistas bilaterais será de 12.00 a 18.30 h o xoves 21 de xullo, e de 10.00 a 14.30 h. As entrevistas serán na sede da CEG (Rúa do Vilar, 54). A participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa. Dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.

Este punto de encontro é unha acción organizada no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do mesmo o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior.
Formulario de inscrición.

A participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa. Dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada. 

Formulario de inscrición. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Leer 5072 veces Modificado por última vez en Mércores, 13 Xullo 2016 14:33

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios