Martes, 22 Novembro 2016 10:40

Seminario sobre oportunidades multilaterales en América Latina

Escrito por 

O Servizo de Licitacións Internacionais (Salt) organiza o luns 21 de novembro o seminario Introdución ao Mercado Multilateral: Oportunidades en Latam, que se desenvolverá na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Este seminario, especialmente orientado a empresas con capacidade de prestar servizos ou vender bens a nivel internacional, procura facilitar o posicionamento das empresas galegas fronte aos mercados multilaterais, con especial énfase en  América Latina.

A organización deste seminario realízase no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do mesmo o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior.

Información e Inscrición.

 

Leer 6287 veces Modificado por última vez en Martes, 22 Novembro 2016 10:43

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios