Xoves, 02 Marzo 2017 13:52

Xornada técnica informativa sobre as bases reguladoras do programa Galicia Rural Emprende

Escrito por 

Achegar información detallada sobras as bases reguladoras do novo programa Galicia Rural Emprende é o obxectivo da xornada técnica informativa que se desenvolverá o próximo venres, día 10 de marzo, na sala de cursos do Igape, a partir das 12 horas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar, a través do Igape, a primeira convocatoria do programa Galicia Rural Emprende, que busca facilitar a creación de emprego mediante actividades industriais de autónomos, microempresas e pequenas empresas.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 2 de maio .

Confirmación de asistencia á xornada informativa: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Máis información: 981 54 11 38

Ficha resumo

Leer 6317 veces

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios