Luns, 26 Xuño 2017 14:36

Posibilidades de negocio empresarial en Perú. Xornada do programa ECICII+

Escrito por 

O obxectivo fundamental da xornada técnica é achegar ás empresas galegas información detallada sobre as posibilidades de negocio empresarial no mercado do Perú. Organizan a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) no marco do programa ECICII+, cofinanciado con fondos Feder (dentro do programa POCTEP), no que participa como socio o Igape.

A xornada técnica contará coa intervención do conselleiro económico e comercial da Embaixada de Perú en España, e incluirá relatorios expertos sobre  as oportunidades empresariais nese mercado.

A xornada desenvolverase na sede da CEP, en Vigo (García Barbón, 104), o próximo mércores, 28 de xuño, a partir das 9,30 horas.

Programa

Inscricións

Leer 5914 veces Modificado por última vez en Martes, 27 Xuño 2017 09:52

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios