Imprimir esta páxina
Luns, 23 Xullo 2018 13:32

DESCUBRINDO BIND 4.0

Escrito por 

Aceleradora de startups que ofrece acceso a clientes de alto nivel da Industria 4.0

Santiago, 30 de xullo de 2018

AC Palacio del Carmen | Oblatas, s/n

Bind 4.0 é un programa de aceleración público-privado ubicado no País Vasco. Bind 4.0 está dirixido ás mellores startups con solucións baseadas en tecnoloxías da industria 4.0 e aplicadas aos campos da fabricación avanzada, enerxía e saúde. O programa ofrece os mellores servizos de soporte e garantiza o desenvolvemento de proxectos con empresas tractoras con presenza no País Vasco como Mercedes-Benz Vitoria, ABB, Bridgestone, Iberdrola, Repsol-Petronor, Michelin e Danobat Group. Este innovador programa impulsa a inmersión de startups internacionais nun dos ecosistemas industriais máis vibrantes de Europa, promovendo sinerxías e facturación real con grandes empresas industriais.

Na última edición do programa, recibíronse 385 start-up candidatas novas de 57 países diferentes. Finalmente, 27 startups foron seleccionadas por 24 empresas colaboradoras para executar 40 proxectos da industria 4.0.

Ademáis de ofrecer un contrato cunha das principais empresas industriais vascas para o desenvolvemento dun proxecto baseado en tecnoloxías4.0, tamén ofrece colaboración tecnolóxica con Google, Siemens, Amazon e Microsoft.

Horario 
11:00 - 11:15

Presentación de apoio ao emprendemento en Galicia

  • Juan Cividanes, director xeral IGAPE
11:15 - 11:45

Presentación inicial do Programa Acelerador Bind 4.0

  • Equipo BIND 4.0 (Amaia Martínez, SPRI)
11:45 - 12:15

Mesa redonda con participantes de edicións anteriores

  • Empresa tractora (Euskaltel-R, Alberto Costas Ramos)
  • Startup (Tedcas, Jesús Pérez-Llano. Strategic Alliances & Business Developer)
  • Startup (Cin Advanced Systems, Txema Gallego. Director General

 

Moderador: Norberto Penedo, director área Competitividade IGAPE

12:15 - 12:30 Quenda de preguntas
12:30 - 13:00 Viño galego / networking

 

[ Descargar programa ]

Confirmación asistencia: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   Máis información:981 541 154

Leer 6667 veces Modificado por última vez en Luns, 23 Xullo 2018 14:05

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios