Vacia (133)

Mércores 15 de abril de 2015. Museo Pedagóxico de Galicia, S. Lázaro 107, Santiago de Compostela

A xornada organízase para axudar a dar resposta á incerteza que existe en moitas empresas galegas acerca das modificacións das leis mercantís, penais, laborais e tributarias que deriva nun incremento das esixencias, as responsabilidades e os riscos para os administradores e os directivos e mesmo para as propias sociedades. Algúns exemplos son a necesidade de regular de forma detallada e dentro dos límites legais a r etribución dos administradores, a extensión da responsabilidade aos representantes das administradores persoas xurídicas, a responsabilidade penal das empresas, o aumento das condenas a directivos por acoso laboral, etc.

Fronte a esta situación, resulta fundamental coñecer a normativa aplicable e as tendencias jurisprudenciales e, sobre todo, as medidas preventivas que, ao amparo da Lei, as organizacións poden e deben implantar para evitar ou minimizar eses riscos.

O equipo de profesionais de PwC, expertos nas diferentes materias, exporá de forma práctica os riscos e dará pautas e recomendacións sobre as actuacións para realizar.

O IGAPE inicia os primeiros dunha serie de programas de inmersión en inglés, relacionados coa internacionalización empresarial.

“A segunda fase de selección faráse cos inscritos ata o 9 de setembro de 2016”

Tipo de formación: presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, en fin de semana (sábado e domingo) incluído manutención e aloxamento.

Duración dos cursos ofertados e número de prazas:

  • 4 Cursos de duración corta: 1 fin de semana no período de outubro a decembro de 2015, de temática puntual de interese para a tipoloxía de inscritos ao curso. Total 20 horas (Máximo: 40 prazas, 10 por curso).

 

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e, a Federación Galega de Xoves Empresarios organiza a xornada de presentación do Informe Executivo Gem Galicia 2015 o próximo 2 de decembro de 2016 en Santiago de Compostela, na sala de debate do edificio do Centro de Estudos Avanzados da USC, no parque de Vista Alegre.

Se es un emprendedor ou traballas na promoción económica, este evento pode ser do teu interese.

 

O taller está deseñado para ser un exercicio real de elaboración dun Plan de Exportación. Cada empresario traballará sobre o seu propio proxecto guiado polo relator.

Xoves 7 de mayo de 2015. Museo Pedagóxico de Galicia, S. Lázaro 107, Santiago de Compostela

A revolución dixital que ven transformando o mundo supuxo o cambio de moitas industrias e sectores de actividade. Hoxe, ao igual que hai uns anos, gozamos de actividades de entretemento e ocio, nos relacionamos no ámbito persoal e profesional, compramos e vendemos produtos e servizos e realizamos transaccións financeiras; pero estas relacións cambiaron e teñen hoxe unha compoñente dixital que alterou a forma de interactuar como clientes.

Adicionalmente ao cambio de gran parte dos sectores tradicionais, a revolución dixital creou novos modelos sobre propostas de valor que eran totalmente descoñecidas ata a irrupción da dixitalización.

Fronte a esta situación, resulta fundamental coñecer o perfil dos novos clientes, os seus hábitos de consumo, cales son as decisións que inflúen no proceso de compra, e como enfocar a reputación e imaxe, as canles de venda e a innovación da empresa neste novo ámbito.

Se queres coñecer os motores de cambio que determinarán os novos modelos de conducta dos clientes, Javier De Paz Lagar, Socio Especialista no Modelo Relacional co Cliente de PwC, anticipará as principais craves desta transformación e exporá os aspectos relevantes presentes e futuros a ter en conta polas pemes galegas.

Cidade da Cultura de Galicia, Edificio CINC, 23 de marzo do 2015

10:30 h RECEPCIÓN E ACREDITACIÓN DE ASISTENTES

11:00 h INAUGURACIÓN DA XORNADA

  • Ana Pastor, Ministra de Fomento, Gobierno de España
  • Isabel María Borrego Cortés, Secretaria de Estado de Turismo
  • Carlos Espinosa de los Monteros, Alto Comisionado para la Marca España
  • Francisco Conde, Conselleiro Economía e Industria, Xunta de Galicia

11:30 h MESAS DE TRABALLO SIMULTÁNEAS

Mesa de traballo 1: FÁBRICA DO FUTURO

Relatores:

  • Juan Antonio Lloves, Director Xeral GKN
  • Francisco J. Puga, Director Xeral DELTA VIGO
  • Santiago Rey, Director Xeral TELEVÉS
  • Yago Fontán, Director Xeral COASA
  • Luis Lozano, Responsable Planificación Estratéxica PSA
  • Jesús Ángel Lago, Director Xerente AIMEN

Moderador: Manuel Varela, Director Xeral GAIN

Mesa de traballo 2: SECTORES ESTRATÉXICOS

Relatores:

  • José Carballo, Director Xeral FINSA
  • Antonio Trincado, Director Adxunto CUPA GROUP
  • Juan Manuel Vieites, Secretario Xeral ANFACO
  • Francisco González, Presidente CLUSTER TURISMO GALICIA
  • Alberto Cominges, Xerente CEAGA
  • Óscar Gómez, Xerente ACLUNAGA
  • Emilio Rial Pais, Director Xeral Adxunto COREN
  • José Cabanas, Director de Marketing ESTRELLA GALICIA

Moderador: Javier Aguilera, Director Xeral IGAPE

Mesa de traballo 3: LOXÍSTICA E INFRAESTRUTURAS

Relatores:

  • Teresa Pedrosa Silva, delegada especial do Estado para o CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO
  • José Llorca Ortega, Presidente PUERTOS DEL ESTADO
  • Enrique Losada Rodríguez, Presidente AUTORIDADE PORTUARIA DE A CORUÑA
  • Ignacio López-Chaves, Presidente AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO
  • José Manuel Vilariño, Presidente AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-SAN CIBRAO
  • José Benito Suárez Costa, Presidente AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA
  • Sagrario Franco Malvar, Presidenta AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA
  • Heriberto García Porto, Director Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
  • Luis Vicente Moreno Espí, Director Executivo de Servizos Loxísticos, ADIF

Moderadora: Mª Isabel Concheiro, Secretaria Xeral Técnica, Consellería Medio Rural e do Mar

Mesa de traballo 4: TALENTO

Relatores:

  • Antonio Abril Abadín, Vicepresidente Foro Marcas Renombradas de España e Presidente Consello Social UDC
  • Esteban Rodríguez, Conselleiro Delegado GRUPO CZV BIOFABRI
  • Miguel Ángel Souto, Director Xeral KERAMAT
  • Tatiana López, Directora Xeral NANOGAP
  • Carlos L. Ezquerro, Socio Fundador CEO NETEX
  • Luis Pérez, Director Innovación GRADIANT
  • Andrés Barbé, Presidente CLAG

Moderador: Juan Cividanes, Director Xeral XesGalicia

13:15 h CONCLUSIÓNS E CLAUSURA DAS MESAS DE TRABALLO

  • José Manuel García-Margallo, Ministro de Asuntos Exteriores y de Cooperación, Gobierno de España
  • Carlos Espinosa de los Monteros, Alto Comisionado para la Marca España
  • Javier Aguilera, Director Xeral IGAPE
  • Manuel Varela, Director Xeral GAIN
  • Juan Cividanes, Director Xeral XesGalicia
  • Mª Isabel Concheiro, Secretaria Xeral Técnica, Consellería Medio Rural e do Mar

13:45 h CLAUSURA DA XORNADA

  • José Manuel García-Margallo, Ministro de Asuntos Exteriores y de Cooperación, Gobierno de España
  • Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia
  • Carlos Espinosa de los Monteros, Alto Comisionado para la Marca España

VIÑO GALEGO CON PRODUTOS TÍPICOS DA GASTRONOMÍA GALEGA

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invitámoslle a participar nun novo Encontro co Director da Plataforma Empresarial de Galicia en Marrocos (Pexga Marruecos), D. David Garay Mazón, que terá lugar o martes día 24 de marzo de 2015 na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (Rúa del Villar, 54, 15705 Santiago de Compostela).

Lugar: Salon de actos do Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107 - Santiago de Compostela)

http://www.edu.xunta.es/mupega/taxonomy/term/14  

Data: 8 de abril de 2015

Horario: de 10.00 a 12.00

Para inscribirse debe vostede rexistrarse como usuario desta páxina.

A Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE e máis a Consellería de Traballo e Benestar, van poñer en marcha nas próximas semanas un programa piloto de profesionalización dirixido especialmente aos centros especiais de emprego.

A iniciativa xurde dentro da colaboración que ambas entidades están a manter dentro da “rede EuSumo” de cooperativismo e economía social, e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o IGAPE.

O obxectivo é poñer en funcionamento un servizo de formación-acción en 11 Centros Especiais de Emprego co fin de mellorar a súa competitividade a través da profesionalización dos seus equipos de xestión. Dito servizo terá unha duración de 5 a 6 meses e a participación será gratuíta para os centros seleccionados.

Co fin de dar a coñecer a iniciativa en profundidade, e invitar á participación dos Centros Especiais de Emprego interesados, invitámoslle a participar na xornada que terá lugar o próximo 8 de abril no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107, Santiago de Compostela) co seguinte programa:

  • 10:00   Recepción de asistentes
  • 10:15   Presentación do programa
    • Carme Bouso Montero, directora xeral de traballo e economía social
    • Javier Aguilera Navarro, director xeral do IGAPE
  • 10:45   Descrición detallada do servizo
    • Gerardo Estévez Suárez, director xeral da empresa “Dirección por Implicación”
  • 11:30   Coloquio
O IGAPE e a Fundación Escola de Organización Industrial lanzan un novo servizo de análise e evaluación da súa empresa para os mercados de Licitacións Multilaterais e Programas Internacionais de Innovación para empresas galegas e autónomos.

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invitámoslle a participar nun novo Encontro co Director da Plataforma Empresarial de Galicia en Marrocos (Pexga Marruecos), D. David Garay Mazón, que terá lugar o martes día 24 de marzo de 2015 na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (Rúa del Villar, 54, 15705 Santiago de Compostela).

Páxina 1 de 10