Vacia (134)

Dirixidos a empresas con potencial/experiencia de internacionalización interesadas en manter un primeiro contato cos prescriptores internacionais.

Os encontros (B2B),   rotarán de maneira dinámica entre todos os participantes cunha duración máxima de 20 minutos para favorecer o maior número de contactos. 

Non haberá axenda/reunións previamente concertadas.

Datas: Luns 3 de outubro de 2016 (16:00 h. a 19:00 h.) 
           Martes 4 de outubro de 2016  (10.00 h. a  14:30 h.)

Lugar: Hotel AC Palacio del Carmen. Oblatas, s/n - 15703 - Santiago de Compostela

Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Imprescindible inscrición.

1ª Xornada Re-acciona&TIC

Venres, 09 Setembro 2016 11:35 Escrito por

Unha reacción é unha resposta ante unha realidade.

No ano 2012 o Igape puxo en marcha o programa Re-acciona para dar respostas ás necesidades de  mellora de profesionalización das pemes galegas.

Nesta xornada poderá coñecer as novidades da convocatoria Re-acciona 2016 e o novo programa complementario Re-acciona TIC para a mellora competitiva baseada nas novas tecnoloxías.

[ Ver programa ]

ASIA O GRAN MERCADO DE ALIMENTOS E BEBIDAS

Este taller está deseñado para apoiar a exportación con éxito dos alimentos e bebidas a Asia, sendo os obxectivos da xornada, obter unha visión en profundidade dos principais mercados asiáticos de alimentos e bebidas, coñecer o comportamento dos consumidores deses países, analizar o sistema de acceso e regulamentos de entrada neste sector e os casos de éxito. Asemade de coñecer os apoios á internacionalización empresarial para accións a desenvolver nos mercados asiáticos.

DATA: 3 Outubro 2016
HORARIO: 10:00 a 13:30h.
LUGAR: Ed. FEUGA. Lope Gomez Marzoa. Campus Vida. Santiago de Compostela.
INSCRICIÓN GRATUITA : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Para mais información poden contactar CLUSAGA no teléfono 981 556 062

O IGAPE, en colaboración con Caixa EMPRENDEDOR XXI convoca o acto de entrega da X edición dos Premios EmprendedorXXI, que terá lugar o vindeiro 6 de outubro no Clube Financeiro de Vigo (Avda. García Barbón, 62).

Antes de dar a coñecer o nome da empresa con maior potencial de crecemento na Comunidade de Galicia, Araceli Segarra relatará a experiencia que viviu durante a rodaxe do Documental en IMAX Everest. Usando o ascenso a esta montaña como metáfora para valorar os diferentes aspectos da natureza humana, e que nestas condicións, é levada ata o límite. Na súa presentación, poderanse ver algunhas das analoxías que existen entre o complicado ascenso desa montaña e o non menos difícil mundo empresarial.

Axenda:
12:00h Convocatoria e benvida
12:05h Ponencia a cargo de Araceli Segarra Roca
12:50h Entrega dos Premios EmprendedorXXI
13:35h Aperitivo networking

[ Inscricións ]

BannerPremiosEmprendedorXXI

 

Xornada Como Iniciar un Negocio nos EE.UU.

Xoves, 03 Novembro 2016 14:40 Escrito por

Data: 11 de Novembro de 2016

Lugar: Igape, Santiago de Compostela

Horario: 10:00 a 13:30

Programa | Inscricións

Durante a xornada, teranse en conta as consideracións legais, contables e fiscais para abrir unha filial e rexistrar unha empresa estranxeira en USA.

Contaremos ademais coa experiencia empresarial do Grupo Caamaño.

  

Encontro coa Plataforma Pexga China

Venres, 04 Novembro 2016 15:14 Escrito por

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no Encontro coa Plataforma Pexga en China, que terá lugar do 14 ao 18  de novembro.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no Encontro coa Plataforma Pexga en México, que terá lugar do 21 ao 25  de novembro.

O Servizo de Licitacións Internacionais (Salt) organiza o luns 21 de novembro o seminario Introdución ao Mercado Multilateral: Oportunidades en Latam, que se desenvolverá na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Reunión Galicia Exporta Organismos Intermedios

Mércores, 25 Xaneiro 2017 10:55 Escrito por

Celebraráse un taller informativo o 8 de febreiro ás 11:00 na sala de cursos do IGAPE (Complexo Administrativo de San Lázaro nº 63A, Santiago de Compostela)  enfocado aos beneficiarios destas bases domiciliados en Galicia:

• Asociacións empresariais.
• Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
• Clústers empresariais.
• Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica.

Requírese confirmación de asistencia por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

• Indicando en asunto: REUNION GALICIA EXPORTA OOII e,
• Comunicando: nome do organismo e número de asistentes

As oportunidades empresariais e comerciais no Perú constitúen o obxectivo da xornada técnica, organizada polo Igape, que se desenvolverá o próximo xoves día 23 de febreiro, a partir das 10 horas, na sede do MUPEGA (rúa de San Lázaro, 107), en Santiago de Compostela.


O encontro contará coa participación da Oficina Comercial da Embaixada do Perú en Madrid. Tamén participará un directivo da Antena Empresarial de Galicia no Perú que está a disposición da Internacionalización das empresas galegas que teñan dito país como mercado obxetivo.


Para máis información da Xornada o dos Servizos da Antena Empresarial no Perú, poden contactar con:
Jose Pereira Cabezuelo 981 54 11 91
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

[ Ver programa ]