Descrición do Programa

Rede Eusumo

Partindo da base de que é necesario mellorar a competitividade dos nosos Centros Especiais de Emprego, como peza crave dunha economía social e integradora,
                ¿que significa iso na práctica?

Sinxelamente, axudar a que esas organizacións desenvolver competencias que lles permitan facer “as cousas adecuadas máis adecuadamente”.

O ADECUADO ten moito que ver co cambio, a estratexia, o futuro e é un verdadeiro exercicio de LIDERADO.

Facelo ADECUADAMENTE ten que ver coa eficacia e a eficiencia na xestión do presente.

Nestes momentos entendemos que a mellora da xestión do presente é clave, pero non esquecemos que deseñar o futuro desexado é igualmente determinante para orientar o camiño.

O proxecto que presentamos cobre ambas as necesidades nos Centros Especiais de Emprego e deseñouse seguindo os catro principios seguintes:

  • Orientación a RESULTADOS concretos cada empresa que participa no proxecto.
  • Procura da IMPLICACIÓN do equipo da empresa, como medio clave para a obtención de resultados.
  • Aplicación SINXELA, a través do uso de metodoloxías e ferramentas sinxelas e que poidan entenderse.
  • Énfase na APRENDIZAXE, a través da propia dinámica de traballo na que, durante o proceso, compártese, acumula e aplica na práctica o coñecemento que se xera.

Rede Eusumo

Deste xeito, prestarase un servizo de formación-acción en 11 centros especiais de emprego dividido en tres fases:

  • Fase 1: Realización dunha análise de potencial competitivo dos Centros Especiais de Emprego participantes, na que se estudien os diversos factores que definen a súa capacidade para competir no mercado, en canto á estrutura do negocio, dos procesos o soporte e da cultura organizativa, que levará á identificación dun conxunto de accións de mellora da situación de entre las que el equipo elixirá dúas prioritarias denominadas “Accións de mellora temperá” (AMTs)
  • Fase 2: Deseño dun proxecto de futuro a modo de visión consensuado co equipo directivo do centro e os eixes estratéxicos definidos, que inclúa ademais un conxunto de plans deseñados para a mellora.
  • Fase 3: en paralelo coa fase 2, darase apoio a cada centro para a implantación efectiva das dúas AMT elixidas polo equipo: establecemento do procedemento de seguimento e asistencia ás primeiras xuntanzas para arraigar a metodoloxía e transferir competencias de xestión ao centro especial de emprego.

 

Como resultado, o Centro Especial de Emprego disporá dunha serie de vantaxes: tanxibles e intanxibles:

  • Tanxibles:
    • Un diagnóstico claro da situación do Centro en canto aos pilares que cimentan a súa competitividade: persoas e sistemas de xestión.
    • A realización titorizada de dous proxectos de mellora.
    • Un plan de acción consensuado co equipo directivo para os próximos anos.
  • Intanxibles:
    • A creación e desenvolvemento de equipo directivo ou de xestión.
    • A aprendizaxe de métodos de execución de plans e de desenvolvemento de estratexias.

 

A duración estimada do proceso completo estará entre 5 e 6 meses. A empresa seleccionada como facilitadora de todo o proceso descrito é “Dirección por Implicación, S.A.”, que poderá asignar para a colaboración nos traballos bolseiros do programa correspondente do IGAPE.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios