Financiamento

IG234 - PRÉSTAMOS DO IGAPE EN BENEFICIO DE PEMES E MICROEMPRESAS DE GALICIA (2016)

O Igape poderá financiar mediante préstamos proxectos empresariais de investimento para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este programa finánciase integramente con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia, por considerarse unha prioridade potenciar o acceso ao crédito das pemes galegas, especialmente as de menor dimensión, para acometer proxectos de investimento produtivos no territorio de Galicia, que redundan en definitiva nun maior crecemento e mellora competitiva da rexión.

[ Ver ficha ]

 

IG204 - BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DE PRÉSTAMOS SUPERIORES A 25.000 EUROS (2016)

Bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca. APOIO FINANCEIRO ÁS PEMES - 

Ver ficha ]

IG206 - MICROCRÉDITOS - BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DAS MICROEMPRESAS TITULARES DE PRÉSTAMOS INFERIORES A 25.000 EUROS (2016)

Bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Ver ficha ]

Aberta a nova edición 2017

O obxecto destas bases é a regulación da concesión de premios a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos (máxima intensidade de axuda, ata 1 M€ de axuda por proxecto).

Proxectos ganadores da edición 2016 dos Premios e Axudas a Proxectos Piloto fábrica 4.0: consultar resolución.

 

A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías especiais relacionadas coa Fábrica do Futuro e o concepto “Industria 4.0”, segundo os termos recollidos na “Axenda de Competitividade Industrial, Galicia: Industria 4.0”

[Ver Ficha da Axuda]

[Instruccións para a presentación de solicitudes]

[¿Quere presentarse pero non sabe como formar un proxecto conxunto? ¿Busca empresas participantes no seu proxecto?]

[Preguntas habituais]

Incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía concedendo subvencións a fondo perdido ós seguintes tipos de iniciativas:

a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.

b) Celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).

c) Celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional.

[Ver Ficha na base de axudas]

Axudas