Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0

A Consellería de Economía e Industria desenvolveu a Axenda de Competitividade Industrial, como instrumento para a planificación da política industrial executada pola Xunta de Galicia nos anos 2015-2020. 

A Consellería xestionará nese período fondos estructurais FEDER por un importe de máis de 340 M€ para financiar as actividades da axenda, que se complementarán con fondos FSE, BEI e fondos propios. así como coas aportacións doutras Consellerías.

Nov-2014: Un primeiro borrador da Axenda foi presentada ao Consello da Xunta, para a continuación iniciar unha ampla rolda de contactos cos axentes sociais e empresariais co fin de mellorar as medidas propostas.

Abr-2015: Tras o debate cos devanditos axentes, o anteproxecto da axenda foi remitido aos membros designados do Consello Galego de Economía e Competitividade, que votarán o informe na súa primeira xuntanza de 4 de maio de 2015.

Mai-2015: Aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.

Pode consultar a continuación os documentos máis actualizados:

galiciaindustria4.0

- Texto da axenda.

- Mapas Industriais de Galicia 

- Actualización de mapas 2015 cos datos dispoñibles en decembro de 2015

 

A Axenda, cos seus plans de impulso, constitúe o Plan Director da Industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 13/2011 de 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

Para calqueira comunicación acerca da Axenda, pode contactar con nós en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

Compartir en redes sociais