Ser máis competitivo

O crecemento económico está indiscutiblemente asociado á capacidade do tecido produtivo para ofertar  produtos atractivos e a unha produción máis eficiente, de xeito que en suma sexa unha oferta competitiva, é dicir, elixible polo cliente.
O tecido empresarial galego debe avanzar cara a unha economía cada vez máis baseada no coñecemento, tanto sectores punteiros e con capacidade para crear valor engadido e emprego, como na reinvención dos sectores mais maduros e tradicionais que deben avanzar cara unha nova concepción que lles permita seguir sendo elixidos polos clientes no futuro.

En consecuencia, o IGAPE apoia a consolidación e reforzo de iniciativas fundamentadas en:
• Nas capacidades das persoas e das organizacións
• Os investimentos para mellorar e optimizar as capacidades produtivas
• A produción de bens e servizos intensivos en coñecemento
• O crecemento empresarial e a cooperación como medio para redimensionarse e poder incrementar as capacidades competitivas e a expansión internacional

Compartir en redes sociais

Tamén lle pode interesar

O obxectivo do programa Maquinaria 4.0 é apoiar, no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo, a aparición de provedores fortes que poidan servir mellor ao tecido empresarial galego. Búscase un doble beneficio: Conseguir que as industrias galegas teñan un proceso claro e simple para comprar maquinaria e bens de equipo a provedores locais. Permitir aos provedores de maquinaria e bens de equipo galegos contacto con novos clientes e a análise dos seus retos tecnolóxicos No DOG do 26/9/2019…
A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, colabora coa Secretaria General de Industria y de la PYME (Ministerio de Industria, Comercio y Turismo), a través da EOI, para impulsar a transformación dixital da industria galega, incrementando o valor engadido industrial e o emprego cualificado no sector e favorecendo un modelo propio para a industria do futuro. Promóvese o desenvolvemento da oferta local de solucións dixitais como pancas competitivas para a industria galega e para impulsar as súas exportacións. A…
PROFESIONAIS 4.0 é un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que permite ás empresas galegas contratar persoas novas co fin de abordar plans de mellora competitiva. Calquera empresa galega, independentemente do seu tamaño, cun plan de mellora ou que preste servizos para a mellora competitiva, pode obter unha axuda do 75% do salario do primeiro ano para contratar ata 5 profesionais. Se vostede é un recente titulado universitario ou de grao superior de Formación Profesional, debe darse de alta na…
IG240 - AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 (EDICIÓN 2019) Estas axudas apoian proxectos de implementación de sistemas dixitais das tres tipoloxías seguintes: Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores (COLECTIVOS ou INDIVIDUAIS) Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos (ERP, CRM e similares), interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) (INDIVIDUAIS) Sistemas de intelixencia artificial,…
Estudo para a detección e análise de oportunidades sectoriais para as empresas industriais galegas no ámbito da Industria 4.0. Realizado pola Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (Atiga) e os centros que constitúen esta asociación: Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (ANFACO-CECOPESCA), Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN), Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG), Centro Tecnológico de Telecomunicaciones de Galicia (GRADIANT), Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (ENERGYLAB) e Instituto…
A Consellería de Economía e Industria desenvolveu a Axenda de Competitividade Industrial, como instrumento para a planificación da política industrial executada pola Xunta de Galicia nos anos 2015-2020.  A Consellería xestionará nese período fondos estructurais FEDER por un importe de máis de 340 M€ para financiar as actividades da axenda, que se complementarán con fondos FSE, BEI e fondos propios. así como coas aportacións doutras Consellerías. Nov-2014: Un primeiro borrador da Axenda foi presentada ao Consello da Xunta, para a continuación iniciar…
 

Axudas