Maquinaria 4.0

Maquinaria 4.0

O obxectivo do programa Maquinaria 4.0 é apoiar, no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo, a aparición de provedores fortes que poidan servir mellor ao tecido empresarial galego. Búscase un doble beneficio:

  • Conseguir que as industrias galegas teñan un proceso claro e simple para comprar maquinaria e bens de equipo a provedores locais.
  • Permitir aos provedores de maquinaria e bens de equipo galegos contacto con novos clientes e a análise dos seus retos tecnolóxicos

No DOG do 26/9/2019 (novo prazo ata o 30 de novembro)defínese a primeira iniciativa do programa: unha convocatoria ás empresas para que envíen propostas de desenvolvemento de solucións de cara ao programa piloto. Este programa seleccionará 5 propostas que a continuación formarán parte dun programa de axudas ao desenvolvemento que as fagan realidade. 

Actualización 15/1/2020: Mediante resolución do 30/12/2019 (publicada o 15/1/2020),  seleccionáronse os seguintes proxectos:

Entidade Proposta
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia - ASIME Desenvolvemento dun sistema en liña e sen persoal para a inspección das imperfeccións do automóvil
Conservas selectas de Galicia, S.L. Máquina hiperespectral de análise nutricional online
Frinsa del Noroeste, S.A. Desenvolvemento dunha prensa de embutición de folla enteira
Kiwi Atlántico Proposta de Sistema de Logística Circular
Troqueles y moldes de Galicia, S.A. Proposta de Máquina para inxección de plástico

En próximas datas publicaranse nesta páxina as especificacións preliminares dos proxectos. As axudas para o desenvolvemento están en tramitación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Enlaces relacionados:

- Convocatoria de propostas de desenvolvemento: novo prazo ata o 30 de novembro.

- Programa do taller de presentación e presentación utlizada.

Resolución do 30/12/2019 pola que se seleccionan propostas de desenvolvemento.

Entidade Proposta
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia - ASIME Desenvolvemento dun sistema en liña e sen persoal para a inspección das imperfeccións do automóvil
Conservas selectas de Galicia, S.L. Máquina hiperespectral de análise nutricional online
Frinsa del Noroeste, S.A. Desenvolvemento dunha prensa de embutición de folla enteira
Kiwi Atlántico Proposta de Sistema de Logística Circular
Troqueles y moldes de Galicia, S.A. Proposta de Máquina para inxección de plástico

Compartir en redes sociais