Neste apartado pódese consultar a base de datos de candidatos no mesmo momento en que o IGAPE os valida. A consulta permite seleccionar por unha serie de criterios e ver o "ID" de cada candidato (con formato de catro letras e catro números XXXX-9999). O contacto cos candidatos será posible unha vez presentada a solicitude de axuda por parte da empresa.

Acceso á base de datos de candidatos.

Para contactar cos candidatos a empresa deberá presentar unha solicitude formal do programa Profesionais 4.0 na oficina virtual do IGAPE e seguir o procedemento seguinte:

  • Unha vez presentada a súa solicitude do programa IG256, aparecerá na oficina virtual un botón co texto "Profesionais 4.0 - Contacto". 
  • Desde a aplicación permitirase cubrir un máximo de 5 "IDs" de candidato. No momento en que se introduza esta información, tanto a empresa solicitante da axuda coma o candidato recibirán un email cos datos de contacto.
  • No caso de que, unha vez contactados estes primeiros 5 candidatos se necesite seguir contactando, a empresa deberá poñerse en contacto cos xestores do programa en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  para solicitalo.