Reforma17: Información ás entidades colaboradoras

18/11/2017: ORZAMENTO ESGOTADO

  1. Prazo de solicitudes: Orzamento esgotado o 18/11/2017.
  2. Prazo de xustificación: está fixado para o 7 de decembro. Calqueira pago de cliente realizado despóis dese día non será subvencionable de ningún xeito.

Aviso importante de AMPLIACIÓN DE CRÉDITO: con data 7/11/2017, esgotouse o crédito inicial dispoñible para o programa, sendo o IG219.2017.1.2780 o ultimo expediente que entrou dentro do mesmo.

Neste momento, o IGAPE está a tramitar unha ampliación de crédito, que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia. Debido a esta circunstancia, seguiranse admitindo solicitudes ata o esgotamento deste novo crédito, que irá acompañado dunha prórroga do prazo de solicitudes.

Se ben a ampliación de crédito está a tramitarse con normalidade, a súa asignación non será oficial ata o momento en que se publique no DOG, polo que as autorizacións para levar a cabo as operacións irán condicionadas a esta publicación. En canto dispoñamos de información sobre as datas de publicación, avisaremos a tódalas entidades colaboradoras.

As axudas do Programa Reforma17 tramítanse a través de Establecementos Adheridos. Pode adherirse ao programa calquera empresa ou autónomo que se dedique á venda dos bens subvencionables (materiais e pezas de mobiliario para cociña e baño). Dito establecemento deberá:

  • Cubrir na aplicación do IGAPE a solicitude.
  • Presentar a solicitude de axuda telemáticamente, onde se comproban os requisitos para ser beneficiario. 
  • Teña en conta que este ano non é necesario enviar ningún papel para adherirse.
  • Facturar e cobrar de acordo co programa, facendo o 20% de desconto e adiantando un 20% de axuda.
  • Solicitar o cobramento.
  • Conservar a documentación.

O prazo para darse de alta como establecemento adherido establécese entre o 28 de setembro e o 27 de outubro. O procedemento é o seguinte:

  1. Debe contar cos medios técnicos adecuados (ordenador conectado a Internet, escáner, certificado dixital).
  2. Cubrir unha solicitude ante o IGAPE (IG218) na oficina virtual:
    • Cubrir os seus datos na oficina virtual do IGAPE (escolla o procedemento IG218)
    • Indicar cales son os seus puntos de venta, para que poidamos incluilos na nosa páxina.
    • Designar unha ou varias persoas do seu establecemento que poderán tramitar electrónicamente a través da oficina virtual as axudas. Estas persoas deberán dispor de certificado dixital. Na nosa oficina virtual pode atopar máis información sobre este aspecto.
    • Incluir escaneados os documentos xustificativos (Escritura de constitución e estatutos, poder e declaracion censal si estivera exento do IAE)
  3. Presentar solicitude telemáticamente.

 

Dispón de indicacións detalladas sobre o procedemento de adhesión e a posterior xestión das axudas na GUÍA DA ENTIDADE COLABORADORA.

Unha vez adherido, o establecemento aparece, con tódolos seus puntos de venda, na web do IGAPE como entidade colaboradora. Desde ese momento pode (e debe) utilizar o distintivo "Establecemento adherido" co seu cartel (este material enviarémosllo por correo postal) e colaborar co IGAPE na xestión das axudas.

Información de interese:

  1. Se ten calqueira dúbida, escríbanos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  
  2. Teléfono de información: 900 81 51 51
  3. Bases reguladoras (DOG)
  4. Presentación a entidades colaboradoras (resume) 
  5. Guía da Entidade Colaboradora

Compartir en redes sociais