Reforma-Tur: Información ás entidades colaboradoras

As axudas do Programa Reforma-Tur tramítanse a través de Establecementos Adheridos. Pode adherirse ao programa calquera empresa ou autónomo que se dedique á venda dos bens subvencionables (materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc, materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas, sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria, sistemas de iluminación e sistemas domóticos). Dito establecemento deberá:

  • Cubrir na aplicación do IGAPE a solicitude onde se comproban os requisitos para ser beneficiario. 
  • Presentar a solicitude de axuda telemáticamente.
  • Teña en conta que este ano non é necesario enviar ningún papel para adherirse.
  • Facturar e cobrar de acordo co programa, facendo o 25% de desconto e adiantando un 25% de axuda.
  • Solicitar o cobramento.
  • Conservar a documentación.

O prazo para darse de alta como establecemento adherido establécese entre o 29 de xaneiro e o 28 de marzo de 2019. O procedemento é o seguinte:

  1. Debe contar cos medios técnicos adecuados (ordenador conectado a Internet, escáner, certificado dixital).
  2. Cubrir unha solicitude ante o IGAPE (IG258) na oficina virtual:
    • Cubrir os seus datos na oficina virtual do IGAPE (escolla o procedemento IG258)
    • Indicar cales son os seus puntos de venta, para que poidamos incluilos na nosa páxina.
    • Designar unha ou varias persoas do seu establecemento que poderán tramitar electrónicamente a través da oficina virtual as axudas. Estas persoas deberán dispor de certificado dixital. Na nosa oficina virtual pode atopar máis información sobre este aspecto.
    • Incluir escaneados os documentos xustificativos (Escritura de constitución e estatutos, poder e declaracion censal si estivera exento do IAE)
  3. Presentar solicitude telemáticamente.

 

Dispón de indicacións detalladas sobre o procedemento de adhesión e a posterior xestión das axudas na GUÍA DA ENTIDADE COLABORADORA.

Unha vez adherido, o establecemento aparece, con tódolos seus puntos de venda, na web do IGAPE como entidade colaboradora. Desde ese momento pode (e debe) utilizar o distintivo "Establecemento adherido" co seu cartel (este material enviarémosllo por correo postal) e colaborar co IGAPE na xestión das axudas.

Información de interese:

  1. Se ten calqueira dúbida, escríbanos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  
  2. Ficha do procedemento de adhesión.
  3. Teléfono de información: 900 81 51 51
  4. Soporte a entidades colaboradoras: 981 51 99 62
  5. Hoteis, albergues e casas de turismo rural que poden ser beneficiarios
  6. Guía da Entidade Colaboradora

NOTA: a convocatoria de axudas contén un erro polo que se restrinxen as axudas a hoteis de 40 prazas. En breve publicarase unha corrección de erros no DOG (prevista para o 26/2/2019) para aclarar que se refire a 40 habitacións.

Compartir en redes sociais