O Conselleiro de Economía e Industria destacou no Parlamento que o Igape está consolidando unha nova estrutura que concede especial atención á internacionalización e a mellora competitiva. O titular de Economía e Industria lembra que o Instituto leva aprobados no que vai de lexislatura máis de 50.000 proxectos fronte aos 10.000 do goberno anterior. Os proxectos aprobados axudaron a manter ou crear, só en 2011, preto de 50.000 postos de traballo.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse con directivos da firma de Lalín, que vén de solicitar a implantación de servizos avanzados de mellora competitiva, no marco do Plan ReAcciona. A empresa téxtil deseña e produce nas súas instalacións e exporta a mercados exteriores como Francia, Portugal, Reino Unido, México ou Rusia.

O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.