Información de novas accións e Acto de Clausura do programa Centro de Excelencia IGAPE-EOI 2014-2015

Acto de clausura no que ademáis se informará de novos programas e accións en liña cos resultados do Centro de Excelencia (primeira exportación, prospección de mercados, apoios á cooperación, licitacións, ...), que terá lugar:

Día: Luns 22 de xuño de 2015
Hora: 10.00h
Lugar: MUPEGA (San Lázaro, nº 107 Santiago de Compostela)

Programa do Acto

Inscrición

Ademáis, contaremos coa participación de D. Ramón Archanco, Ponente experto en intelixencia competitiva. Licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales pola Universidade de DEUSTO, master en Comercio Internacional por ESIC e a Universidade Pública de Navarra (UPNA). A súa vida profesional estivo sempre vinculada á área internacional. Tras ser director xeral de varias empresas industriais e de servizos, hoxe é director xeral do Centro de Inteligencia Competitiva INFOCENTER, empresa líder do sector en Europa.

Para consultas relacionadas con esta xornada pode contactar con Mª del Carmen Calvo Varela no télefono 981 54 16  43 ou ccv@igape.es