Maquinaria 4.0: taller de presentación

Xoves 3 de outubro de 2019

Lugar: Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro) – Santiago de Compostela

Inscrición no email:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dentro das accións da Axenda de Competitividade Galicia industria 4.0, seleccionaranse un máximo de 5 propostas das empresas industriais de Galicia para desenvolver proxectos de maquinaria e outros bens de equipo que lles permitan contar con provedores cercanos e cambiar dinámicas de inversión por outras de desenvolvemento deste equipamento.

Neste taller explicarase polo miúdo a convocatoria e os avances no deseño da posterior liña de axudas, co fin de que tódolos interesados (tanto empresas industriais como provedores de maquinaria) poidan coñecer a iniciativa e, no seu caso, presentar propostas.

// 11.00 h Café Benvida

// 11.15 h Presentación da xornada

Juan Cividanes – Director xeral Igape

// 11.30 h A convocatoria de propostas de desenvolvemento no contexto do programa Maquinaria 4.0

Área de Competitividade - IGAPE

// 12.00 h Sesión interactiva: preguntas, comentarios, suxestións...

 

Máis información do programa: http://www.igape.es/ser-mais-competitivo/maquinaria-4-0